Bono permite as linguas autonómicas no Congreso, pero reprende o seu uso

Polémica sesión nas Cortes. Deputados de BNG, CIU e PNV utilizan o galego, catalán e vasco; malia que o castelán é a única lingua admitida no Congreso. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/03/2011 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

O presidente do Congreso admitiu o martes o catalán, o galego e o euskera no debate dunha moción na que os partidos nacionalistas defendían poder usar as linguas autonómicas nesta Cámara. Con todo, o político socialista reprendeu posteriormente aos nacionalistas.

PP e PSOE lograron rexeitar a proposta. CiU, PNV, ERC BNG e IU criticaron aos dous principais partidos por negarse a normalizar a pluralidade lingüística no Congreso.

Bono permitiu o uso das tres linguas e asegurou que o facía para demostrar que no Congreso impera a liberdade e porque non quere ver mañá titulares "demagogos" nos que se diga que na Cámara Baixa impídese esa liberdade.

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, fixo a maioría da súa intervención en español, pero comezou e rematou en galego. O político do Bl tildou de incogruente que se teñan producido avanzos no recoñecemento das linguas cooficiais nas institucións europeas “e non se teñan producido avanzos no Congreso”. O recoñecemento no Congreso sería o mellor “contributo para facer do recoñecemento á diversidade un pilar fundamental da convivencia e o respecto entre os distintos pobos do Estado”.

Encubren o “cerril uniformismo” baixo argumentos economicistas

Respeito aos que apelan a argumentos economicistas, o que “tratan de encubrir a súa defensa cerril do uniformismo”. Criticou que non se plantexen os mesmos argumentos para defender que o Parlamento Europeo realice todos os seus traballos en inglés. “Nen oímos que se cuestione o labor do Instituto Cervantes. Nen oímos esos argumentos cando se defendía que a letra Ñ estivese nos teclados dos computadores, até o punto de facer da Ñ un elemento de afirmación nacional española”.

A primeira en utilizar un idioma distinto foi a deputada de CiU Montserrat Surroca, quen finalizou a súa intervención co extracto duns versos en catalán do poeta Joan Maragall: "Escoita, España, a voz dun fillo que che fala en lingua non castelá" ("Escolta, Espanya, a veu d'un fill que et parla en llengua non castelá").

O deputado do PNV Aitor Esteban falou en euskera durante a maior parte da súa intervención. Antes, Esteban lamentou en castelán que PP e PSOE sigan negando aos deputados "nin máis nin menos" que o dereito a falar na súa lingua.

Tras escoitar a Esteban, Bono asegurou que son moitos, incluído el, aos que lles agrada" oír falar en euskera, aínda que ha apelado á "intelixencia" e o "sentido común" do deputado para que defendese o seu moción nun idioma que puidesen entender todos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

6 Compostelanaa

A min persoalmente como galegofalante e co cidadá representanda ao parecer por todos ese señores/as deputados/as teño que dicir que me parece ridículo que nun foro no que todos deben saber por lei o castelán fagamos o torre de babel que nos vai custar a todos os cidadáns unha pasta indecente. Un recoñecemento ás linguas pareceme perfecto, a súa defensa dende todos os ámbitos tamén pero...que aí van a lexislar non a ver que lingua soa mellor. Xa está ben de tanta mamonada...agora vainos importar máis cómo digan as cousas que como nos gobernan...

1 asunta, a que fai esquina

Compostelanaa, Cranio oco e outros francotiradores de Cerceda... sodes a mesura personificada, do moderado que aparenta... quita o disfraz e decide que vos leva a nimar o debate.

2 Compostelanaa

Desgraciadamente neste país de intolerantes e belixerantes a moderación mosquea e mosquea moito pero évos o que hai a quen lle guste ben e a que non tamén....eu disfraz ningún e traxe imposto por outro menos...Dichosos aqueles que teñen espíritu crítico propio.

3 asunta, a que sabe de ti

Ditosa ti, que ollas o que outros non vemos, que eu coidaba que estabamos no país dos submisos... E ti Compostelanaa, o Cranio e o cronista imparcial de Cerceda sodes a mesma miseria. Segue animando o debate.

4 Compostelanaa

Asunta mirate eso eh... porque tanta crispación non é boa, calificar de miseria a xente que non opina coma ti nun asunto tan banal tendo en conta os problemas que hai neste país denota que ou tes unha vida moi relaxada ou che faltan cousas nas que pensar. O que estamos e no país das mamonadas, no que a xente perde o tempo con cousas absurdas e o que ti chamas submisión igual é sentido común, proba un pouco del. E efectivamente seguirei debatindo...pero non con persoas coma ti cuxo único argumento é descalificar a que non che vai o rego.

5 CranioF

Non hai nada que facer. É sair este tema e xa temos un tsunami de posts. Uns teiman con que é un dereito recoñecido, outros con que é simplemente un gasto. Vou facer de Salomón: que se recoñeza o dereito por lei, pero chegando antes a un acordo tácito de que se sigan a entender en castelán, por sentido común e sen extremismos. Así non farán falta traductores. Contentos?.

4 Manolo2

Que ganas de tratar de disimular su incompetencia a la hora de intentar resolver los problemas REALES de la gente. Con estas gilipolleces tratan de distraer al personal.

3 Manoliño

Outra vez facendo o ridículo e poñendo aos galegos aos pes dos cabalos da opinión pública por pretender tirar o diñeiro con tradutores. Menos mal que a xente no resto de España sabe que estes, a falla de apoio social, so fan estas postas en escea para chamar a atención e que os galegos somos moito mais razoables que todo eso.

1 Luc-ense

ManoliÑÑÑo. de inculto e de lambe-cus dos incultos; como o seu primeiro e último valor é o dinheiro só pode pensar em termos económicos. Por certo, a verdade nom se mede em números, mede-se com o cérebro, cousa que alguns tenhem no olho cego

2 Porco Jones

Totalmente dacordo contigo Manolo, iso é todo uma caralhada, o que hai que facer é ponhelo todo en inglés, francés e alemán, iso de poder usar o castelhano na Unión Europea é un gasto que non temos por qué soportar os cidadáns.

3 marcos

Tiran o diñeiro en Europa por non empregar unicamente o inglés como lingua oficial. O dobre discurso centralista cheira a falso e mentirán.

4 Manoliño

Imos ver ¿a quen queredes enganar? Como dixo un mariñeiro da Coruña hai anos: ¡que ghuevos tedes! Os funcionarios da U móvense por enchufes ou polo cartiño, pero de toda a vida. E todos lembramos o Carrumeiro, e todos lembramos que os problemas que teñen son sempre que lles saquen as subvencións ou que lla dean a outro ¿Ou non é así? O de usar o galego nas Cortes, podédevos poñer facendo o pino, pero todo o mundo sabe que é unha chuminada que so custa uns cartos que se deben aforrar en tempos de crise. Hai pouco falaba eu cun amigo e lle dicía que Feijoo non estaba a facer moitas cousas, apuntárase algún tanto co catálogo de xenéricos, a xente estaba mais cómoda cun goberno sosegado, pero pouco mais. Dicía o meu contertulio que o que valora a xente é que cando menos, non despilfarra, de aí que as enquisas o valorasen ben tanto a el como ao seu goberno e subira en escanos, caendo a oposición ¿como non van caer se a xente se sinte roubada con estas gilipolleces?

5 Manoliño

marcos, a colarlla a outro. O galego, catalán e vasco non son linguas oficiais da UE, senón que teñen un estatus especial, que por certo tamén nos custa cartos: "Las 23 lenguas oficiales de la Unión Europea son: alemán, búlgaro, checo, danés, eslovaco, esloveno, español, estonio, finés, francés, griego, húngaro, inglés, irlandés, italiano, letón, lituano, maltés, neerlandés, polaco, portugués, rumano y sueco. El catalán, el vasco y el gallego tienen estatus de lengua oficial en España, lo que significa que determinados textos comunitarios son traducidos desde y hacia esas lenguas, CON CARGO AL GOBIERNO ESPAÑOL" http://ec.europa.eu/education/langu...

6 Porco Jones

Manolo, queda demostrado, es un paiaso sen argumentos. ¿A que caralho ben agora falar de toucinho cando estamos co tema da velocidade? ¿Queres que comecemos a falar de corruptos? Pois entón temos que falar do Partido Podre, que non se pode dicir nada da palha no olho alheo cando vos tedes vigas enteiras...

7 Manoliño

¿Andamos adoecidos eh? Queda claro, pois, que isto é un chiringo mais do nacionalismo onde enchufar aos seus, como queda tamén claro que o galego non é lingua oficial da UE. A meter goles a casa da collona XD

8 Porco Jones

Manolo, con este arranque amosas o que és, un pobre paiaso sen argumentos. Estamos a falar doutra cousa, e ti saes con isa merda. Se queres falar de corrupción empeza por mirar para os PPodres.

9 Manoliño

Caro Porco, as túas valoracións, como as de moitos becerros que pasan por aquí, pasoas eu polo forro. E por certo, dito o anterior, que parece que non gusta e se quere desviar a atención: ¿alguén pode dicir que trouxo o BNG nesta lexislatura que crease riqueza e traballo na nosa terra (desconto subvencións para os seus amiguiños)? Pregunteino onte noutro fío, e aínda estou esperando resposta.

10 Porco Jones

Manolo, imbecil, eu podome dirixir á UE en galego, catalán ou euskera e receber resposta na mesma lingua, e non grazas a feixistas e renegados coma tí. O único que anda adoecido e dicindo paridas es tí. Ata o de agora aínda tinha uma pinga de respecto por tí, pero está visto que non o mereces.

11 Manoliño

¡Ai que nervios! ¿Ou será que non tes outra cousa que facer? Os cidadáns podémonos dirixir á UE en galego, certo, pero os gastos de tradución, ao non ser linguas oficiais, corren a cargo do goberno español. Pero a vos, profisionais de vivir da subvención e do enchufe ¿que ides dicir? Por certo, se falamos de parlamentarios usando galego no parlamento europeo, alí non se poden usar. Vai tomando unha tiliña...

12 Porco Jones

Pero Manolo, que fale de merda un cagado coma tí é o máximo. Tes moi pouca vergonha, ¿e tí preguntas se o BNG melhorou a nosa terra en 4 anos? pois non che sei dicir, o que sei seguro é que os corruPPtos que governaron 30 anos non fixeron maís que encher os petos á nosa costa. E ademaís, atreveste a falar de enchufes! tí o PPodre máximo! a alcahueta de corruptos! Se o PP ten o enchufismo, a dobre moral e a corrupción no seu ideario. Menos mal que xa van quedando menos becerros coma tí, igual aínda somos que de salvar o país.

13 Manoliño

Esa tila, que aínda non ma tomaches... Ripitimos: ¿Alguén pode dicir que trouxo o BNG nesta lexislatura que crease riqueza e traballo na nosa terra (desconto subvencións para os seus amiguiños)?

2 Liberio

Está claro que se un Parlamento PROHIBE falar nas línguas dos administrados ós que representa non vai a favor da LIBERDADE. Que din os de GB desta obvia falla de liberdades e imposición línguística intolerable?, onde se agochan que non se indignan?.