O acusado da morte dun holandés de Petín (Ourense) négase a declarar no xuízo

O acusado de matar a un veciño holandés de Petín (Ourense) en xaneiro de 2010 negouse a declarar na primeira sesión do xuízo oral, que se celebra na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2018 | Actualizada ás 14:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O acusado de matar a un veciño holandés de Petín (Ourense) en xaneiro de 2010 negouse a declarar na primeira sesión do xuízo oral, que se celebra na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Arranque do xuízo polo asasinato dun cidadán holandés en Petín (Ourense)
Arranque do xuízo polo asasinato dun cidadán holandés en Petín (Ourense) | Fonte: Europa Press

O seu irmán, acusado pola Fiscalía de encubrir o crime e do que ten dúbidas se participou ou non na morte do holandés, declarou e asegurou que o principal acusado do ocorrido "non sabe dirixir a escopeta, aínda que si cargala", xa que llo ensinou el mesmo.

Así mesmo, este asegurou que se atopou ao veciño holandés no interior do coche aceso e co portelo baixado, tombado cara ao asento do copiloto e sen sangue. Á súa vez, confirmou que non contemplou que o cristal do portelo do vehículo estivese danado.

"Ao ver que estaba morto, ocorréuseme quitalo de alí por medo a que se relacionase o ocorrido con el ou con alguén da súa familia", declarou. Ademais, recoñeceu que o seu irmán si o axudou a mover o corpo á parte traseira do vehículo para despois desprazalo neste mesmo medio até unha zona situada a 18,5 quilómetros.

"Deixei o tractor en casa e volvín correndo xunto ao coche e o cadáver. Logo, chegou o meu irmán e axudoume a mover o corpo. Non ía a ningún sitio concreto a deixar o cadáver e o vehículo. Foi ao azar", confirmou.

O caso será xulgado por un xurado popular e desenvolverase ao longo de seis sesións, aínda que pode reducirse após a renuncia a unha serie de probas por parte do Ministerio Fiscal efectuada na xornada deste luns.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta