Concerto solidario contra o "despropósito medioambiental" do vertedoiro de Miramontes

A Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela-Miramontes organiza un concerto solidario no que actuarán os grupos Os d´Abaixo e Falua. Ademáis, haberá unha mesa informativa e de recollida de firmas para apoiar a loita.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Aplataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes organiza un concerto solidario gratuito o vindeiro 20 de xuño na Praza do Toural no que actuarán os grupos Os d´Abaixo e Falua. Ademáis, tamén haberá unha mesa informativa e de recollida de firmas para apoiar a loita, dende as 18:30h e durante o concerto.

Veciños da parroquia compostelá de  Grixoa, contra o vertedoiro
Veciños da parroquia compostelá de Grixoa, contra o vertedoiro | Fonte: Lentes Diverxentes

É o xeito que teñen de protestar por un proxecto que consideran nocivo. Na esgotada canteira de Miramontes, a seis quilómetros de Santiago de Compostela, colocouse un complexo de tratamento de residuos formado por un vertedoiro e unha planta de elaboración de solos artificiais. Este proxecto formaba parte dun plan para a recuperación mediambiental da antiga canteira. Os afectados falan xa do  "despropósito medioambiental que se segue a cometer nesta aldea tan próxima a Santiago".  

Así, a Plataforma de afectados reivindica que ese plan "foi subsitituído por outro máis lucrativo que está a causar graves molestias á veciñanza da zona, preocupada polas posibles consecuencias nocivas para a saúde e o medioambiente, xa que o complexo está a menos de 400 metros das casas e preto de varias fontes veciñais". 

Doutra banda, aínda que as empresas que actúan no complexo se escudan en que teñen todos os permisos pertinentes, existe unha serie de irregularidades observadas polos veciños e de deficiencias detectadas pola Xunta de Galicia tras realizarse informes de inspección. Entre estas irregularidades, por exemplo, atópanse a ausencia de redes que impidan a entrada de aves de gran tamaño no vertedoiro ou camións destoldados vertendo líquidos no seu camiño ata o complexo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta