A Real Academia Galega de Belas Artes quere impulsar os artistas emerxentes

O Pazo de Mariñán acollerá do 20 ao 22 de xuño o “I Encontro de creadores emerxentes”. Neste encontro participarán uns 40 estudantes de últimos cursos de Arquitectura, Didáctica da expresión plástica, Belas Artes e Música e profesores destes centros. Así, procúrase favorecer o diálogo e o encontro entre disciplinas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2018 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Belas Artes presentou,  xunto ás tres Universidades galegas (Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña) e os Conservatorios Superiores de Música da Coruña e Vigo o I Encontro/Residencia de creadores emerxentes. A iniciativa é unha aposta por impulsar aos artistas emerxentes, favorecendo o diálogo e o encontro entre disciplinas. Deste xeito, es interaccións artísticas celebraranse do 20 ao 22 de xuño no Pazo de Mariñán.

Real Academia Galega de Belas Artes
Real Academia Galega de Belas Artes | Fonte: Páxinas Galegas

Neste encontro participarán uns 40 estudantes de últimos cursos de Arquitectura,
Didáctica da expresión plástica, Belas Artes e Música e profesores destes centros. Os
alumnos elixidos por cada centro presentarán unha obra sobre a que, nalgúns casos,
xirará un debate sobre o que significa a creación artística.

Ao acto de presentación, que se celebrou no espazo intervención cultural da Universidade da Coruña, asistiron a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo; a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo, Natalia Capparini; o vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Celestino García Braña; o vicedirector do Conservatorio de Vigo, Luis Costa; o director do Conservatorio da Coruña, Julio Mourenza; e o director do Encontro, Fernando Agrasar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un de paso

O titular e a fotografía desta noticia non se corresponden co seu contido.