Última hora: Reaccións á decisión de Feijóo de non pelexar pola Presidencia do PP

Os presidentes do PPdeG cren que a decisión de Feijóo mostra a súa "xenerosidade" e "compromiso con Galicia. Pontón di que tivo "medo aos dossieres", "Caballero cre que non vai a Madrid porque se ve "sen opcións" nun PP "en senda de declive" e Villares que "a mochila" de Feijóo provocou a súa decisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

21.15.O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, cre que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non se vai a Madrid porque se ve "sen opcións" nun Partido Popular que "está nunha senda de declive" e "en franco retroceso electoral".

Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso
Feijóo canda Rajoy no acto de aniverasario da Constitución no Congreso

Nun comunicado, o secretario xeral do PSdeG apunta que Feijóo "non está lexitimado para pór en marcha o proceso de rexeneración que necesita o PP" logo da sentenza do caso Gürtel, que comeza co popular galego Pablo Crespo e da que o titular do Executivo autonómico "impide falar no Parlamento".

21.33. O exministro de Asuntos Exteriores José Manuel García-Margallo anunciou que manterá a súa candidatura a dirixir o PP porque "é tarde" para retirar o seu proxecto despois de pór en marcha a recollida de avais, e instou ao resto de candidatos a que expliquen "para que se presentan, por que se presentan, que queren facer co partido e para que queren o partido", porque considera que a elección do presidente dos populares "non é un concurso de beleza, senón un concurso de ideas".

 

21.39. O portavoz de En Marea, Luís Villares, cre que a decisión do xefe do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, de non optar á Presidencia do PP e permanecer na Xunta débese a que a súa "mochila" ten "demasiado peso"; o que facía que tivese "máis pasado que futuro" á hora de facer fronte un proceso de renovación como o que afrontan os populares.

 

21:52 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que o presidente da Xunta e do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, renunciou a presentar unha candidatura para dirixir o partido a nivel nacional "por descarte" e "movido polo medo aos 'dossieres' que abran novas páxinas no seu álbum de fotos". "Como as que o mostran navegando pola ría de Arousa cun narcotraficante", puntualizou.

 

22:10 Os presidentes provinciais do Partido Popular en Galicia aplaudiron a decisión do presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de non optar a liderar o partido a nivel nacional, ao considerar que deixa clara a súa "xenerosidade" e o seu "compromiso" cos galegos. Unha elección que tamén foi celebrada polos membros do seu Executivo e a dirección galega da formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegoexiliado

Xa o dí a Ley de Murfi, o que pode empeorar empeora. Quédase o sr Nuñes, quédase o seu partido, e o que ainda é peor......QUEDAN OS SEUS VOTANTES.