O alcalde de Sada reclama por carta a Pedro Sánchez accións para a devolución do Pazo de Meirás

Benito Portela argúe que "no actual marco aberto polo Goberno do Estado en canto á aplicación e modificación da Lei de Memoria Histórica no relativo ao Val dos Caídos, é o momento oportuno para pór tamén fin á vergoña e ao anacronismo histórico" en Meirás.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/06/2018 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, reclamou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o "exercicio inmediato de accións xudiciais" para que o Pazo de Meirás volva ao patrimonio público.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

Nunha carta remitida este martes ao presidente do Executivo central, o rexedor de Sada trasládalle "a preocupación" na sociedade galega "sobre a continuidade na detentación dos herdeiros do ditador Francisco Franco da propiedade do Pazo de Meirás".

Por outra banda, refírese a "a necesidade" de que se poña fin a esta situación "a través do exercicio das accións administrativas e xudiciais que procedan para a incorporación do Pazo ao patrimonio público, dado que consta acreditada a nulidade do título de propiedade e posesión", sinala en alusión a Franco e os seus herdeiros.

Así mesmo, subliña que "no actual marco aberto polo Goberno do Estado en canto á aplicación e modificación da Lei de Memoria Histórica no relativo ao Val dos Caídos, é o momento oportuno para pór tamén fin á vergoña e ao anacronismo histórico" no Pazo de Meirás.

Un informe, elaborado por encargo da Deputación da Coruña, concluíu a finais do pasado mes de febreiro que a transmisión do Pazo de Meirás á familia Franco se fixo mediante un contrato simulado en 1941, polo que expuxo a posibilidade de acudir aos tribunais para solicitar a súa nulidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Se eu fose Pedro Sánchez diríalle ao alcalde que para iso está a Xunta de Galicia ! O malo é que todos sabemos que logo da "renuncia" de Feijoo a liderar o PP en Madrid imos ter xuizos e condeas para rato! ¿Por que o pasado de Feijoo o exclúe para liderar o PP mentres en Galicia todo dios mira para outro lado? Teríamos que preguntarnos polo ADN político dos galegos e galegas e seguramente non íamos sair moi ben parados!!! Pero non está mal intentar que un PSOE veña quitar as castañas do lume a Galicia !

1 Gamela

Operación Qatedra (LalínGate) amosa ás claras por que Galicia carece dunha Fiscalía Anticorrupción (Os Franco son unha proba evidente de que Galicia segue a ser Sitio Distinto!) https://elpais.com/ccaa/2018/06/19/...

2 Gamela

Se Maxim Huerta marchou para a casa, por que o "Polo dos Peares" segue de Presidente? Será porque Galicia é "outro mundo" ? https://youtu.be/sQ55EdoPs68