Dezaoito detidos na Coruña nun operativo contra o tráfico de drogas, que segue aberto

A zona foi cortada ao tráfico pola Policía Local

A CORUÑA | 21/06/2018 | Actualizada ás 10:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 18 persoas foron detidas na Coruña nun operativo contra o tráfico de drogas, que comezou pasadas as 5,00 horas cun amplo despregamento policial na zona de Orillamar.

Así o confirmaron a Europa Press fontes policiais que explicaron que o operativo, que está baixo segredo de sumario e que leva a cabo a Policía Nacional, segue aberto e que non se descartan novas detencións.

No lugar, atópanse unha treintenta de efectivos, precisaron Europa Press fontes próximas ao caso. Entre eles hai axentes antidisturbios e tamén un helicóptero da Policía Nacional.

Así mesmo, foron mobilizados axentes da Policía Local, para regular o tráfico, así como un camión de Bombeiros da Coruña por se era necesaria a súa intervención.

CORTE DE TRÁFICO

Por parte da Policía Local indicaron que a zona permanece cortada ao tráfico desde as 5,00 horas e que a previsión é que o operativo se manteña durante toda a mañá e, posiblemente, parte da tarde.

O corte de tráfico afecta tanto a vehículos particulares como aos autobuses urbanos, que se procederon a desviar desde o inicio da rúa Orillamar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta