Temas: XUNTA FEIJóO PP

Feijóo: "O líder do PP que sexa elixido en xullo será candidato á Moncloa en 2020 e eu apoiareino"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que, "sen ningunha dúbida", o líder do PP que saia do próximo congreso extraordinario de xullo contará con "o seu apoio" e a "mesma lealdade" que profesou a Mariano Rajoy até o seu adeus político.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que, "sen ningunha dúbida", o líder do PP que salga do próximo congreso extraordinario de xullo "será candidato á Moncloa en 2020" e contará con "o seu apoio" e a "mesma lealdade" que profesou a Mariano Rajoy até o seu adeus político.

Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo após o Consello da Xunta | Fonte: Europa Press

Ao termo da reunión do seu Goberno, a preguntas dos medios, Feijóo esforzouse en aclarar as manifestacións que realizara previamente en varias entrevistas radiofónicas e explicou que "o que quixo dicir" é que el estaría a disposición de liderar o PP se a oportunidade fose en 2020, "pero non foi así".

Neste sentido, quixo disipar dúbidas en relación aos seus obxectivos futuros garantindo a súa "absoluta lealdade" a quen salga elixido dun congreso para o que, admitiu, sería partidario dunha candidatura de integración que limite os efectos dunha posible división do partido, pero sempre despois de que se pronuncien os militantes nas asembleas do 5 de xullo.

En canto ao seu apoio, após lembrar que só ten "un voto", remitiu á necesidade de esperar tamén a que "falen os militantes" o 5 de xullo. Será despois cando, revelou, analizará a situación cos compromisarios do PP galego que votarán na segunda volta. "Se hai acordo ou unha postura maioritaria haberá un pronunciamiento do PPdeG e, se non, non", recalcou.

Temas: XUNTA FEIJóO PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta