O Colexio de Traballo Social ofrece traballadoras e recursos na acollida de persoas refuxiadas

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia "pon a disposición" das administracións galegas que se ofreceron a acoller persoas procedentes do Aquarius a súa rede de recursos e coñecementos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O COTSG puxo a disposición das administracións galegas como a Xunta, Fegamp, Concellos e Deputacións, a súa rede de recursos e coñecementos na acollida de persoas procedentes do Aquarius. Ademáis de valorar "moi positivamente" o dispositivo de solidariedade activado "nesta ocasión", o COTSG quixo salientar que "as traballadoras sociais son indispensables na acollida de persoas migrantes".  

Migrantes a bordo do Aquarius
Migrantes a bordo do Aquarius

Deste xeito, o Colexio Oficial de Traballo social de Galicia lembrou que o traballo social coas persoas refuxiadas non só é no momento da chegada, senón "en todos os procedementos posteriores que desemboquen na integración destas persoas". Así, o Colexio sinalou que os servizos sociais deberán poñer en funcionamento unha serie de cuestións como procurar familias de acollida para menores sen titores, ou procurar tradutores para quen o precise, formación ou emprego.

O DEREITO Á INTEGRIDADE PERSOAL

O COTSG reivindicou a integridade persoal coma un dereito fundamental e absoluto, que implica o resgardo da persoa en toda a súa extensión. Isto, polo tanto,  inclúe a integridade psíquica e moral e para preservalas "a figura da traballadora social é un piar fundamental,  xa que promovemos o fortalecemento e a liberación das persoas", apuntaron desde o Colexio. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta