Gonzalo Caballero e Sánchez, unha relación fluida

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este venres en Lugo que ten "un contacto continuo e habitual" co presidente do Goberno central, o tamén socialista Pedro Sánchez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este venres en Lugo que ten "un contacto continuo e habitual" co presidente do Goberno central, o tamén socialista Pedro Sánchez. "Desde o mesmo día da moción de censura até a actualidade hai unha fluidez e un contacto directo entre o presidente e a dirección do PSOE co secretario xeral do PSdeG", remarcou, en declaracións aos medios.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG | Fonte: Europa Press

Ao tempo, fronte ás críticas pola presenza de poucos galegos no Executivo, defendeu que Sánchez non conformou o seu Executivo "con cotas territoriais", senón que deu pé a un Goberno "pensado para o ben dos cidadáns".

"É un Goberno, ademais, que ten no Ministerio de Economía a unha muller, unha muller nova, unha muller galega que exemplifica un novo perfil de xente que fai política. Unha persona cun desenvolvemento profesional moi importante en Europa", subliñou, en relación a Nadia Calviño.

UNHA GALEGA QUE "EXEMPLIFICA A GALICIA MODERNA"

Despois de insistir en que non se trata de "cotas territoriais", subliñou que "hai unha galega no Goberno que exemplifica unha Galicia moderna, unha Galicia dinámica e de xente nova, ademais con ese perfil feminista".

Caballero tamén lembrou que hai outros cargos galegos en segundos niveis e mencionou á secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, e ao secretario xeral do Tesouro e Política Financeira, Carlos San Basilio 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta