Temas: PPDEG

PPdeG: "Non é de recibo que expresemos preferencias"

O secretario xeral dos "populares" galegos, Miguel Tellado, sinalou que o partido apoiará "ao candidato que gañe" no XIX Congreso Extraordinario que culminará o 20 e 21 de xullo. Tamén sobre que os cargos manifesten a súa postura, Tellado dixo: "Non é de recibo que expresemos preferencias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

En rolda de prensa, Tellado quixo salientar que é a "primeira vez" que os afiliados teñen ocasión de depositar un voto directo en urna para elixir o candidato que se presente, polo que defendeu que se respecte a decisión e a militancia ante o "avance democrático" que supón este novo sistema.

Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego, en rolda de prensa
Miguel Tellado, secretario xeral do PP galego, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

"Eu creo que o voto dos afiliados é un voto libre; vivimos nunha sociedade madura democraticamente e trátase de que cada un vote libremente, pero que todos elixamos a quen consideremos mellor para dirixir o partido e para a candidatura de 2020. É unha gran oportunidade", manifestou Tellado, quen considerou "bo" que os cargos "non condicionen a ninguén co seu voto e que a militancia vote libremente a quen queira".

Temas: PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta