Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Vigo contra a posta en liberdade da 'Manada'

Unhas 2.000 persoas saíron á rúa este venres en Vigo, convocadas por organizacións feministas, para mostrar a súa "repulsa" cara á resolución da Audiencia Provincial de Navarra que permite a posta en liberdade dos membros da 'Manada'.

VIGO | 22/06/2018 | Actualizada ás 22:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unhas 2.000 persoas saíron á rúa este venres en Vigo, convocadas por organizacións feministas, para mostrar a súa "repulsa" cara á resolución da Audiencia Provincial de Navarra que permite a posta en liberdade dos membros da 'Manada'.

Manifestación contra a posta en liberdade de 'A Manda'
Manifestación contra a posta en liberdade de 'A Manda' | Fonte: Europa Press

O acto, que se iniciou cunha concentración no Farol de Urzáiz, acabou converténdose nunha manifestación que percorreu as rúas do centro da cidade (Colón, Policarpo Sanz e Príncipe) para volver ao Farol. A marcha ía precedida por unha pancarta coa lema 'A complicidade institucional é violencia criminal'.

Na manifestación, na que participaron concelleiras, deputados, representantes sindicais e doutros colectivos, berráronse consignas como "Fóra os machistas das institucións", "Se tocan a unha respondemos todas" ou "Tranquila irmá, aquí está a túa manada".

Ao final da marcha, unha portavoz da plataforma feminista leu un comunicado no que expresou o rexeitamento á posta en liberdade dos membros da 'Manada', cuxos nomes pronunciou un a un, no medio dos apupos dos participantes no acto.

"Este sistema xudicial ampara aos violadores e desprotexe ás mulleres", denunciou esa portavoz, quen recalcou que "non se entende que, despois de pór en dúbida o testemuño da vítima, de facerlle un xuízo paralelo e da sentenza que houbo, agora estamos como ao principio". "Todas xuntas seremos manada contra as agresións", proclamou.

Ademais deste acto reivindicativo en Vigo, celebráronse marchas e concentracións noutras localidades, como Cangas, Noia ou Lugo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta