Casado postúlase como "o candidato dos afiliados, non dos notables" e promete "renovación de ideas" e unidade

O exvicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, arrincou en Galicia a súa campaña na carreira sucesoria para relevar a Mariano Rajoy como líder do PP. Fíxoo nun acto na Coruña, onde se postulou como "o candidato dos afiliados, non dos notables", e prometeu "renovación de ideas" e unidade.

A CORUÑA | 23/06/2018 | Actualizada ás 15:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O exvicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado, arrincou en Galicia a súa campaña na carreira sucesoria para relevar a Mariano Rajoy como líder do PP. Fíxoo nun acto na Coruña, onde se postulou como "o candidato dos afiliados, non dos notables", e prometeu "renovación de ideas" e unidade.

Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña
Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña | Fonte: Europa Press

Casado estivo arroupado polo presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen comprometeu o seu respaldo e as "portas abertas" de todas as sedes do PP de Galicia a todos os candidatos que desexen presentar o seu proxecto para optar á Presidencia do partido, co obxectivo de que o vencedor logre "recuperar a fiabilidade" dos cidadáns.

Antes de continuar coa súa axenda prevista este sábado en Galicia, con actos en Lugo, Ourense e Vigo, Pablo Casado apelou a "conservar a unidade" que fixo "forte" ao PP, a "reilusionar ao electorado", a "renovar" a formación, e a "captar talento", "abrindo as portas e xanelas á sociedade española".

Casado, un dos candidatos entre os que a militancia terá que decidir en urna o 5 de xullo antes do Congreso que se celebrará os días 20 e 21, avogou por "un proxecto político de unidade territorial" e un partido "honesto", presentándose como "o candidato dos afiliados, non dos notables", "o que está na rúa, non nos despachos".

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta