Buscan un home de 85 anos desparecido desde a mañá do sábado en Ribadumia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2018 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia buscan en Ribadumia (Pontevedra) a un home de 85 anos que falta do seu fogar desde a mañá deste sábado, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O operativo de procura céntrase na zona da parroquia de Rabuñada, onde reside o home, e na marxe do río.

Nas tarefas para localizar ao desparecido colaboran axentes da Garda Civil e Protección Civil de Ribadumia. Ademais, desde primeira hora da tarde incorporouse unha patrulla de procura canina de Protección Civil de Padrón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta