Temas: SAN XOáN

Galicia prepárase para a noite máxica de San Xoán e o delegado do Goberno pide "moito sentidiño"

Os concellos dan directrices para tentar que as tradicionais festas de sardiñas e fogueiras transcorran sen incidentes.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/06/2018 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Galicia prepárase para a "noite máxica" de San Xoán e os distintos concellos do país habilitaron espazos e deron directrices para tentar que as tradicionais festas de sardiñas e fogueiras transcorran sen incidentes.

San Xoán.
San Xoán.

Precisamente, ao termo do seu "café entre amigos" co secretario xeral do PSdeG, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, aproveitou a presenza dos medios de comunicación para destacar a importancia desta "noite máxica" e chamar aos cidadáns a actuar con responsabilidade.

Así, Losada pediu á poboación galega que, na celebración de San Xoán, teña "moito 'sentidiño'" e "moita tranquilidade".

Tamén reivindicou a necesidade de ter "respecto por todas as persoas" no que definiu como "unha noite máxica e de ilusión", na que "o tempo vai acompañar" nas praias e rúas.

Finalmente, o delegado do Goberno pediu aos cidadáns que actúen con "seguridade", que "non sexan imprudentes" e que cumpran "todas as normas que os concellos puxeron" para a celebración de San Xoán.

Temas: SAN XOáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta