Cataluña, Euskadi, Madrid ou Andalucía superan a Galicia en exportacións a Brasil. U-la vantaxe lingüística e cultural?

Un estudo sitúa a Galicia no sexto posto en España en relacións comerciais co país suramericano. Cataluña multiplica por máis de cinco as exportacións galegas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/06/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia sitúase no sexto posto entre as comunidades autónomas de España en exportacións a Brasil. Unha situación que, cando menos, supón un paradoxo coa afinidade e vantaxe lingüística e cultural que debería aproveitar o país, que comparte con Brasil non só unha mesma raíz idiomática, senón tamén unha proximidade cultural, dada polas nosas raíces compartidas coa colonizadora Portugal e pola amplísima comunidade emigrante no país suramericano.

Unha das campañas da AGAL durante o mundial de fútbol de Brasil
Unha das campañas da AGAL durante o mundial de fútbol de Brasil

Segundo o Instituto Naiconal de Estadística (INE), a 1 de xaneiro de 2017 había en Brasil 47.753 galegos inscritos, sendo o segundo país con maior presenza de emigrados galaicos, só superado por Arxentina.

Con todo, as relacións comerciais de Galicia e Brasil non son todo o boas que cabería presumir. Segundo un estudo de José Luis Alonso Santos, profesor titular de Análise Xeográfica Rexional do Departamento de Xeografía da Universidad de Salamanca, Galicia ocupa o sexto posto entre todas as comunidades autónomas do Estado español en nivel de exportacións cara a Brasil.

"Rexións como Galicia ou A Rioxa permanecen en niveis inferiores ao do seu PIB no conxunto nacional".

Cataluña lidera a clasificación, con case un terzo do total de exportacións desde España a Brasil (27,52%), seguida por País Vasco (16,01%), Madrid (11,26%), Andalucía (10,76%) e Comunidade Valenciana (7,12). Despois destas, sitúase Galicia, cuxas relacións comerciais con este país representan o 5,19% do total das exportacións desde España.

"Rexións como Aragón, Asturias ou Castela e León, con baixa presenza inicialmente, co paso dos anos incrementan o seu potencial exportador ata niveis bastante similares ao seu peso na economía do país mentres rexións como Galicia (2,6% en 2014-2015) ou A Rioxa (0,3% en 2014-2015) permanecen en niveis inferiores ao do seu PIB no conxunto nacional", destacan os autores do estudo.

Pola contra, Andalucía pasou de representar apenas o 6,3% das exportacións nos anos 2000-2001, ao 15,2% no bienio 2007-2008 para retroceder en 2014-2015 ao 9,4%. Pola súa banda, Cataluña en 2000- 2001 achegou máis do 32% das exportacións, descendendo ao 26,9% en 2007-2008 e ao 25,1% en 2014-2015. O País Vasco achegou o 18,6% en 2000-2001, aumentou ao 21,4% en 2007-2008 e retrocede ao 12,3% en 2014-2015. A Comunidade de Madrid presenta unha traxectoria irregular, xa que en 2000-2001 achegou o 12,2%, retrocedeu ao 8,1% en 2007-2008 para remontar ata o 14,8% en 2014-2015. Á súa vez, a Comunidade Foral Navarra incrementou a súa cota desde o débil 1,9% en 2000-2001 ao 2,4% en 2007-2008 e ao 5% no último bienio. Con todo, Alonso Santos subliña que "o crecemento máis espectacular da cota de exportación corresponde á rexión de Murcia", que pasou do 0,9% en 2007-2008, inicio da crise económica, ao 5,4% en 2014-2015.

O comercio bilateral España-Brasil tiña ata avanzados os anos noventa do século XX unha intensidade bastante baixa en ambas as direccións con saldo positivo, en xeral, para Brasil. Nos últimos anos do pasado século produciuse un cambio de ciclo, incrementándose notablemente o volume e natureza dos bens intercambiados. Porén, só despois de iniciada a crise económica, desde 2010 o incremento das exportacións e importacións acadaron niveis importantes, só crebados no último bienio debido á crise económica e política que afecta a Brasil.

O estudo, titulado 'Relaciones comerciales entre España y Brasil. Las exportaciones de España en el siglo XXI', publicouse recentemente na Revista de Estudios Brasileños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Anti spamña

Galiza precisa de competencias plenas en comercio exterior e realicións internacionais para desenvolver a súa política económica de acordo cos seus intereses. Soberanía nacional e liberdade.

3 Isolino

E os do bloque querendo impoñer o portujés na nosa Terra. Menos mal cada vez que son mais marxinales ...

1 Per

falas do portugues e do bloque en plan despectivo e chauvinista,, penoso

2 anonimo

¿Será posible que hayáis caído de la burra y reconozcáis que la vernácula no vale para nada, para nada serio, digo? ¿Qué más pruebas se precisan?

1 unmais

Pois o mesminho que a tua, o que pasa que eu non acostumo a sacar a lingua a pacer da mesma maneira, son mais respectuoso coas linguas vernáculas dos demais, debe ser por ter mais estudos e ter vivido en mais paises

1 Fernando G

Estupendo trabajo. Se comprueba que lo del gallego y la lusofonía es un cuento chino. Igual que se puede ver que Portugal es habitualmente un competidor de Galicia.

1 Bieito

No confudas churras con merinas, listillo. puedo usar el mismo argumento para el español y el nivel de penetración de la economía española en el mercado latinoamericano. Es decir, RIDICULO, considerando que debiera ser un mercado copado por empresas españolas.