Monarquía e Deep State

O Deep State descrebe o miolo decisional dunha sociedade política. Un núcleo de poder que tende a remanecer impermeábel ás remudas de gobernos e maiorías parlamentarias. Ao dicir da intuición popular ( e de non poucos analistas sociais e políticos) os que mandan de verdade.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 25/06/2018

Comparte esta noticia
Os Borbóns, devanceiros directos do actual e pasado Xefes do Estado, reinaron ininterrompidamente sobre os territorios do Estado español dende primeiros do século XVIII, de non ser os tempos das dúas Repúblicas e da ditadura franquista. O primeiro Borbón que sofrimos introduciu o absolutismo do seu avó, Louis XIV de Francia e suprimiu a ferro e lume, por mór dun suposto dereito de conquista, as institucións políticas de autogoberno do País Valencià, Aragón, Catalunya e les Illes. No século XIX a monarquía borbónica  suprimiu as liberdades forais de Euskadi e Navarra , mentres substituían a limitada personificación representativa e gobernativa do País como Reino de Galicia pola máis absurda e xacobina centralización, partíndoo en catro cachos provinciais.
 
 Os Borbóns impuxeron unha centralización desaquelada que proscribiu do ensino todas as linguas peninsulares distintas do castelán. Mais a súa centralización foi tamén económica, constituíndose unha oligarquía próxima ao Poder real que foi a que enfrontaría dende concesións e monopolios os grandes plans de estradas e ferrocarrís,sempre radiais con centro en Madrid, dende o XVIII e XIX atè  Primo de Rivera e Franco.
 
A cristalización do Deep State económico español ten moito a ver coa estruturación dun potente lobby construtor-concesional entre 1965 e 1995 e coas privatizacións de grandes paquetes accionariais da banca e da distribución eléctrica nos tempos do aznarato,que lle deron ao Ibex 35 a súa fasquía actual.
 
Este Deep State económico baséase  nas avantaxes regulatorias e nunca na libre concorrencia, que sempre tenta evitar. Hoxe, ademáis, extende o  seu control sobre os grandes grupos mediáticos de Madrid e coordina os seus intereses coa  elite funcionarial estatal.
 
Cando Filipe VI falou o 3-O como un líder de parte ratificou a existencia e plena funcionalidade deste Deep State,do que  a Coroa constitúe a súa institucionalización permanente.
 

Felipe VI, no discurso de Nadal. Discurso de Nadal de Felipe VI.
Felipe VI, no discurso de Nadal. Discurso de Nadal de Felipe VI.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.