Temas: PENSIóN

A pensión dos galegos segue sendo das máis baixas do Estado

Situouse en 793,34 euros en xuño e só está por riba da de Estremadura (777,48 euros).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2018 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia sitúase en 793,34 euros en xuño, cun crecemento do 2,1 por cento en relación co mesmo mes de 2017, polo que se mantén como a segunda máis baixa de España, após Estremadura (777,48 euros).

Pensionista
Pensionista | Fonte: Europa Press

Así consta nos datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social publicados este luns, que reflicten que o número de pensións na Comunidade galega situouse en xuño en 761.063, o que representa un incremento do 0,4% con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

En Galicia, das 761.063 pensións 474.075 son por xubilación, cunha contía media de 904,32 euros; 186.813 corresponden a viuvez cunha media de 556,18 euros; 69.939 a incapacidade permanente con 844,48 euros; 23.819 a orfandade con 377,64 euros e 6.417 a favor de familiares con 483,63 euros.

En canto ás pensións con complemento a mínimos a 1 de xuño de 2018, segundo os datos publicados, en Galicia ascenden a 235.310, delas o 38% corresponden a mulleres e o 22,7% a homes e supoñen un 30,9% do total. Por provincias, 88.793 pensións corresponden á Coruña; 66.304, a Pontevedra; 41.067, a Ourense; e 39.146, a Lugo.

TOTAL ESPAÑA

En total en España a Seguridade Social destinou neste mes de xuño a cifra marca de 9.009,81 millóns de euros ao pago das pensións contributivas, un 3% máis que no mesmo mes de 2017 e a primeira vez que supera a cifra de 9.000 millóns, segundo datos publicados este venres polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O número de pensións avanzou en xuño un 1,13% respecto ao mesmo mes de 2017, até 9.613.641 pensións, nova marca do sistema. En termos mensuais, o número de pensións incrementouse en 20.678 respecto ao mes de maio de 2017.

Aínda que a taxa de crecemento interanual de xuño non é das máis altas dentro na serie histórica da última década, con ela xa se acumulan 29 meses consecutivos de crecementos superiores ao 1%.

Máis da metade das pensións, 5.919.154 concretamente, son por xubilación; 2.359.486 corresponden a viuvez; 952.456 a incapacidade permanente; 340.797 a orfandade e 41.748 a favor de familiares. A pensión media de xubilación situouse ao comezo do presente mes en 1.083,67 euros mensuais, un 1,93 por cento máis que en igual mes do exercicio 2017.

Pola súa banda, a pensión media do sistema, que comprende as distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares) situouse en xuño en 937,19 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,84%.

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Lóxico-Matemático

Pois claro, a menores cotizacións menores pensións.

1 anonimo

E iso é algo que, seica, os periodistas son incapaces de comprender. Nen a de trés.