A Serra do Barbanza aposta pola reciclaxe con numerosas actividades

Unha ecoauditoria de residuos, un obradoiro de reciclaxe de papel, outro de creación de xoguetes con resíduos, outro de compostaxe... son algunhas das actividades que se ofertan no marco do programa "O lixo desde o teu concello", organizado por Adega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela a | 25/06/2018 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O programa “O lixo desde o teu concello” da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza oferta actividades de Educación Ambiental para acadar unha conciencia sobre a correcta separación dos residuos dun xeito lúdico e agradable. Así pois, o obxectivo do programa é a redución, a reutilización e a reciclaxe - as coñecidas tres Rs -.

Imaxe do folleto de actividades
Imaxe do folleto de actividades | Fonte: Adega

Entidades culturais, comisións de festas, centros de ensino dos concellos de Brión, Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Ames, Pontecesures, Carnota e Rois poden solicitar estas actividades co propósito da mellora das prácticas de reciclaxe e do medio ambiente. Unha ecoauditoria de residuos, un obradoiro de reciclaxe de papel, outro de creación de xoguetes con resíduos, unhas charlas sobre a substitución dos tóxicos no fogar e sobre a análise de bolsas do lixo, un obradoiro de compostaxe... son algunhas das actividades que teñen previstas nestes próximos meses. 

Outra actividade moi interesante para esta época de festividades é a ambientalización de festas e/ou eventos. As celebracións non están reñidas co coidado do medio ambiente, e ademais, son un bo lugar para visibilizar a correcta separación dos residuos. Nestas actividades poden participar persoas adultas e menores, e dende a asociación asesorarán e acompañarán. Neste caso, as accións a realizar son a elaboración de cartaces coa sinalización dos contedores e a redución de plásticos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta