Xornalistas galegos realizan un documental sobre o activismo feminista en Marrocos

"Berros fronte o Majzen" é o título do documental co que tres estudantes do seminario de xornalismo social e cooperación internacional completaron a súa formación, unha peza xa disponible na rede.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os encarceramentos, a represión física e a censura mediática son algunhas das consecuencias que sofren as activistas marroquís cando se enfrontan ao Majzen, a estrutura de poder clásica do país. Unha realidade da que falaron tres xornalistas mozos, estudantes do seminario de xornalismo social e cooperación internacional organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Os tres xornalistas mozos visitan esta semana Tánxer, co obxectivo de retratar o estado actual e as principais causas do activismo feminista na rexión.

Traballadora nun taller téxtil de Tánxer
Traballadora nun taller téxtil de Tánxer | Fonte: Setem

Aínda así, segundo explican, ante esta realidade de represión e censura os movementos activistas medraron considerablemente durante os últimos anos. Deste xeito, "Berros fronte o Majzen" é unha peza documental que pretende visibilizar as dificultades ás que se enfrontan as persoas que loitan polo cumprimento dos dereitos humanos en Marrocos. Achegar a realidade do país veciño no que a vulneración de dereitos é sistemática. Algúns dos seus protagonistas son: Ghassane Koumiya, Wafae Charaf, Abdeslam Amakhtari, Mohammed El Andaloussi Youssef Ouled e Fathiya Saidi.

OS AUTORES

Os seus autores son o amiense Pablo Santiago, a carballesa Sofía Caamaño e a asturiana Laura Pertierra, tres xornalistas que o pasado verán puxeron fin ao Seminario de xornalismo social e de cooperación internacional que organizan a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) viaxando ata Marrocos para completar a súa formación cunha experiencia en terreo.

Percorreron o norte do país acompañados polo veterano xornalista Juan de Sola e, unha vez na zona do Rif, coñecida polas recentes mobilizacións cidadás reclamando melloras sociais, realizaron esta peza documental que explora catro ramas do activismo social en Marrocos — feminismos, ecoloxismos, migracións e dereitos laborais — a través de entrevistas a actores locais implicados e comprometidos con estas causas. Tamén visitaron e filmaron proxectos de cooperación no territorio que promoven o empoderamento da cidadanía e loitan por melloras no tecido social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta