Non hai perdón para Emilio Cao: a Fiscalía mantén os 5 anos de cárcere por desordes públicas

O acusado, arroupado por En Marea, defende que non atentou contra un policía e ve a petición da Fiscalía "desproporcionada".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/06/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O fiscal decidiu manter a pena de cinco anos e oito meses de cárcere para Emilio Cao, o mozo galego de 22 anos acusado de desordes públicas durante a súa participación en 2014 nunha Marcha da Dignidade en Madrid. Así o explicou aos medios o avogado do mozo, Enrique Santiago Romero, despois da vista oral celebrada no Xulgado do Penal número 6 de Madrid este luns. Ademais dos anos de cárcere, a Fiscalía mantén 600 euros de multa, aínda que retira a sanción de dous meses de multa penal.

Concentración en apoio a Emilio Cao
Concentración en apoio a Emilio Cao | Fonte: Europa Press

O fiscal solicita catro anos por un delito de atentado e un ano e medio por un delito de desorde pública. Romero sinalou que a acusación do fiscal é "absolutamente desproporcionada" e que durante o xuízo acreditaron que "o que ocorreu debeuse a unha actuación incorrecta da policía", tal e como "deixou recoñecido" o por aquel entón director da Policía Nacional Ignacio Cosidó. "Acreditamos claramente que non houbo atentado, posto que non existe nas actuacións, nin ninguén identificou ningunha vítima de ningún atentado", agregou.

"DESPROPÓSITO"

Para o letrado, durante esa Marcha pola Dignidade, Emilio Cao foi agarrado e arrastrado por persoas que non estaban identificadas nin se lles vía o rostro e que lle acusaron dese "despropósito". "Se o Estado de Dereito funciona minimamente ben, evidentemente este raparigo estará absolto porque non hai ningunha proba contundente nin pode habela porque non ten ningún tipo de responsabilidade", sinalou Romero, que explicou que a lesión do axente de policía produciuse porque "tropezou e caeu ao chan".

Á súa saída do xulgado, o mozo galego foi recibido por unha concentración de persoas cun cartel de apoio baixo a lema 'absolución' e explicou que despois dun "clima de incerteza, intranquilidade, incoherencias" dos testemuños dos policías e as probas da súa defensa, séntese "máis tranquilo e seguro de que pode saír ben este proceso xudicial". Durante o xuízo, asegurou que declarou "a verdade". Por último, dixo que esta situación é unha "clara montaxe policial" e unha "completa farsa" e que non cometeu ningún tipo de delito.

APOIO DE EN MAREA

Ás portas do xulgado, o deputado de En Marea no Congreso Miguel Anxo Fernán Bello mostrou a súa "solidariedade plena" co mozo galego e criticou "o estado policial de persecución e represión policial" deste caso e "tantos outros" provocados pola 'Lei Mordaza'. Por iso, esixen ao Goberno de Pedro Sánchez a derrogación "sen medias tintas" desta lei.

Pola súa banda, o deputado de En Marea no Parlamento galego Antón Sánchez, que tamén acompañou ao mozo á súa saída do xulgado, mostrou a súa solidariedade con Cao e coa xente moza que durante a crise "reclamaron xustiza e pediron un futuro digno" fronte aos "artefactos lexislativos e policiais de represión" do Estado. Así, pediu derrogar a 'Lei Mordaza' e "deixar de aplicar a xustiza contra a clase traballadora".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 casa de 650 mil euros

muitos dos incidentes foron protagonizados por xente da blanquera xunto cos comunecios pero non do pce sino do protoembrion que despois non daría lugar a podreiros sinon a abortO, agora colleron o clásico cabeza de turco, querenlle meter mais que o urdangara que deixou todo un gran roubo de millos de euros, eu sigo pensando que a que dirixia o cotarro era a muller e o urdangara era un mandao polo do o home obedece a muller no matrimonio, o xuiz de todolos xeitos parece que non o veu asi tan claro, hobuo moita tortas como pans, case como bolos de pan de cea... hostias como panes... agora xa esta todo arranxado uns con mondedeuros outros con casas de 650 mil euros, outros con butacons do parlamento, e os polis agora teñen salarios de exchachas e mozos de cuadra... outro siguen erre que erre como paco frutos do pce-catalan que sigue da mao da extrema dereita expañolenta VIDREO - https://www.youtube.com/watch?v=LWT...