Caballero confirma o rescate do Auditorio por 35 millóns, unha "ganga" que se pagará con alleamento de patrimonio

Entre os bens que se venderán están o hotel Samil, o hotel do Auditorio e os locais do complexo

Vigo | 25/06/2018 | Actualizada ás 18:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que o rescate do Auditorio Mar de Vigo custará 35 millóns de euros, e felicitouse porque a instalación volve ser municipal "a prezo de ganga", e pola metade do que afirma o PP.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico cualificou este rescate como "unha operación magnífica", e recalcou que os 35 millóns pagaranse alleando bens municipais, entre os que citou o hotel Samil, o hotel anexo ao Auditorio, ou os locais comerciais.

Con respecto ás instalacións que agora ocupan as aulas da UNED, Abel Caballero asegurou que existe un contrato e que nada cambiará, dando por feito que os novos donos deses locais manterán o acordo e permitirán continuar esa actividade educativa.

Así mesmo, o rexedor subliñou que o rescate do Auditorio, ao pagarse coa venda de patrimonio, non repercutirá nos petos dos vigueses, nin con incremento de impostos, nin con redución dos investimentos públicos.

"CATEDRAL DA CULTURA"

Abel Caballero proclamou que o Auditorio Mar de Vigo é "a catedral da cultura de Galicia", e puxo en valor que esa instalación foi construída e sufragada na súa maior parte con fondos do Concello, xa que a Xunta achegou unha cantidade "ridícula" de 18 millóns, mentres que sí financiou a totalidade doutras infraestruturas culturais, como a Cidade da Cultura en Santiago.

Por outra banda, o alcalde subliñou que a adxudicación do Auditorio foi realizada na etapa do PP e tamén lembrou que o rescate se debe a unha lei, tamén dos 'populares', que obriga ao Concello a rescatar unha concesión que non é rendible.

Finalmente, celebrou que, a pesar dos agoiros do PP, o Mar de Vigo "non se pechou nin un minuto", a súa programación cultural é "excepcional" e agora, ademais, é público.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Gran Mentiroso Abel !!! https://flic.kr/p/fkLLxj Se non conta tódolos cartos que meteu nos petos da Concesionaria Quebrada e se damos por bo que VENDA 2/3 do propio Auditorio + Hotel + Prazas de Garaxe igual lle saen as contas a este malversador de Patrimonio Municipal !!! Regalamos 5000 m2 en primeira liña da praia de Samil por 2,5 millóns (30 anos) e logo que constrúan o que lles pete ? https://flic.kr/p/DyVmwU E mentres tanto os que precisan axuda seguen agardando eternamente !!! https://flic.kr/p/ULcmVh

1 Gamela

Pero todo esto non sería posible sen a COLABORACIÓN da Marea de Vigo (que leva 3 anos mirando para outro lado!) https://i.gal/gamela05 Polo pan baila o can !!!