O Concello de Sada urxe ao Estado que presente a demanda civil contra os Franco para recuperar o Pazo de Meirás

O alcalde Benito Portela, pide ao Goberno central que "de forma inmediata" inicie as accións legais pertinentes contra os herdeiros da familia Franco para lograr a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2018 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O alcalde de Sada, Benito Portela, pide ao Goberno central que "de forma inmediata" inicie as accións legais pertinentes contra os herdeiros da familia Franco para lograr a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.

O alcalde de Sada e o concelleiro representante na comisión de Meirás
O alcalde de Sada e o concelleiro representante na comisión de Meirás | Fonte: Europa Press

O Concello de Sada presentou un voto particular ao informe da comisión de expertos designada pola Consellería de Cultura, e que presidiu o catedrático de Historia Xosé Manoel Núñez Seixas. Concretamente, o municipio onde se sitúan as tamén coñecidas como Torres de Meirás discrepa de que se abra a porta a unha liquidación do proceso que supoña unha indemnización dos gastos de mantemento que se poidan acreditar desde o 21 de novembro 1975 até a actualidade.

En todo caso, o informe propón unha acción reivindicatoria que implica que a Administración Xeral do Estado debe presentar unha demanda ante o Xulgado de primeira instancia de Betanzos, partido xudicial que lle corresponde a Sada.

Respecto diso, o rexedor deste municipio considerou que "si que se debe de iniciar de forma inmediata" esa demanda por parte do Goberno do Estado, ao que el mesmo se dirixiu tamén en días pasados para pedirlle que en se considerase Meirás na "solución conxunta" para a aplicación da Lei de Memoria histórica.

"Esperamos que pase dunha vez ao público e pór fin á vergoña", sinalou, pola súa banda, o concelleiro Francisco Montouto, membro da comisión.

BIC 2011, POSTA EN VENDA E PXOM

As Torres de Meirás, inmoble ao que despois se lle engadiron outras leiras expropiadas polas que algunhas se documentou que nunca se pagaron, nunca foi de titularidade pública. O edificio pasou da familia Pardo Bazán a Francisco Franco como particular, despois de que unha comisión —da que formaban parte sublevados do réxime— solicitase o diñeiro.

En febreiro deste ano, os herdeiros de Franco puxeron á venda nunha web de inmobles de luxo o pazo, aínda que ao ser un ben declarado de interese cultural (BIC), en 201, a Xunta sempre terá prioridade de tenteo no caso de que aparecese un comprador.

Polo momento, non se coñece ningunha oferta para a adquisición do inmoble. Dáse a circunstancia, de que o Concello de Sada modificou o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de maneira que non está permitido ningún outro uso que non sexa o residencial particular, polo que o pazo non se pode converter nun establecemento hostaleiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Fuilco

Interesante. Dentro de unos años podremos reclamarle a la CIG, CCOO y UGT los bienes incautados de los que ahora disfrutan.

1 anonimo

Non, f*acha, non, os sindicatos non roubaron como si o fixo o xenocida Franco e os seus secuaces. Sodes lixos os que os defendedes e acabaremos como pó da Historia.

2 Fuilco

Mira bandoleiro, los sindicatos "de clase" robaron, roban y robaran en beneficio de sus liberados y sindicalistas profesionales. Peor todavía, muchos de sus líderes admiran en público y privado a los mayores asesinos y genocidas de la Historia como Lenin, Stalin, Mao, Castro o Pol Pot. Todos comunistas de la estrella roja.

2 galegoexiliado

E dijo eu, que si queren cobrar polo mantimento tamen teran que pagar o aluguer de estos corenta anos, ¿ou é que son tan xenerosos que pensan botalos sin reclamarlles a a renta como fan cos okupas?

1 ZZZZ

Hai que ser un fasc*ista de merd*** para querer pagarlhe nada á familia do xenocida cando son eles os que tenhen que devolver o roubado.

1 Mareados

A ver se polo menos dá marcha atrás na súa pretensión de pagarlles aos Franco por nada, nin leiras anexas nin terreos para beirarrúas.