Temas: MINA TOURO O PINO

Asociacións contrarias á mina O Pino-Touro sentan este mércores na xunta de accionistas de Atalaya Mining

A empresa con sede fiscal en Chipre e que está detrás do proxecto para reabir a mina de Touro, avaliará a situación logo das protestas e da oposición veciñal e de varios colectivos contra a posible reactivación da actividade extractiva.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/06/2018 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Atalaya Mining é a compañía que participa mediante Cobre San Rafael en Explotaciones Gallegas, a empresa que realiza sondaxes diante dunha posible reapertura da mina de Touro. A compañía de capital internacional reunirá este mércores a súa xunta de accionistas. Nesa mesma xuntanza participarán representantes das organizacións contrarias á reactivación da explotación mineira en Touro.

Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino
Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino | Fonte: Plantaforma Mina Touro-O Pino Non

A compañía multinacional di que conta co apoio do goberno galego e das comunidades locais. Non obstante, os opositores ao proxecto negan isto e apuntan que recentes informes emitidos polo goberno galego sinalan impactos negativos sobre o medio ambiente, así como unha pegada negativa para a economía local. Tamén acusan dunha falta de avaliación sobre máis riscos que poda traer a actividade mineira na zona.

Atalaya Mining, compañía dentro da bolsa de Londres e noutras como a de Toronto, en Canadá, tamén pretende reabrir outras instalacións mineiras en Cantabria. Por outra banda, está acusada de omisión para actuar sobre a posible rotura inminente nunha presa en Andalucía.  Os representantes de activistas e asociacións contrarias ao proxecto de Touro son Luís Gallardo, da plataforma de afectados polo proxecto mineiro de Touro e Elena Solís, avogada ambientalista.

O  pasado 10 de xuño máis de 50.000 persoas se manifestaron contra o proxecto para a mina O Pino-Touro en Santiago de Compostela. Representantes políticos de diversas formacións estiveron presentes na manifestación, incluíndo algúns alcaldes do propio Partido Popular no goberno da Xunta.

MINAS EN ANDALUCÍA E CANTABRIA

En Andalucía Atalaya Mining ten o100 por cento da mina de cobre Río Tinto (non
asociado á mineira Río Tinto), o que inclúe as tres presas de lodos asociadas. Ecologistas en
Acción xa avisou do elevado risco de colapso destes depósitos
debido á mala xestión da balsa por parte da compañía. Segundo o propio estudo de Atalaya este mal manexo podería ter como consecuencia vertidos de 66,28 millóns de metros cúbicos de desfeitos tóxicos, que en forma de onda de ata 5 m de alto afectarán o Parque Nacional de Doñana e ás cidades próximas de Gibraleón e Huelva.

En Cantabria outro dos proxectos propostos por Atalaya consiste na apertura dunha galería
de 5 km para explorar zinc na área poboada de Santillana del Mar. A galería estaría situada sobre Altamira, patrimonio da UNESCO cuxas covas albergan as famosas pinturas rupestres.

A mina de Touro estaría a menos de 1 km do Camiño de Santiago no seu último tramo do Camiño Francés antes da entrada a Santiago. En cada un destes tres casos xurdiron movementos locais que esixen á compañía non antepoñer os seus beneficios sobre a seguridade e o benestar da poboación local, o medio ambiente e o patrimonio cultural.

Temas: MINA TOURO O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Zapata non, ZAPLANA

O baile de cifras é o mesmo que teñen os nacionalistas españois, no censo electoral para podeer votar, era o de maior número de afiliados de España según eles pero segun GC soio poden votar o 7%, 7000 persoas, é ao mellor habríalle que preguntar á mesma xente do partido imputado se realmente poden votar independentemente de estar a corrente de pago que é iso de cumprir unhas normas electorais.

1 Santiago

A ver en qué quedamos. As organizacións (nacionalistas todas) convocantes da manifestación política contra a mina de Touro máis de 60.000, o GC 50.000, o Villares de En Marea 30.000 e a policía municipal de Santiago, que sen dúbida foron quenes máis atinaron, sobre 10.000. Bases do BNG e afíns convocadas para ese día. De verdade alguén se pensa que a xente normal pode chuparse o dedo coa manipulación desta tropa?

1 Riocabo

Un que critica aos nacionalistas (galegos, claro), será que 'a verdade' é propiedade exclusiva dos outros nacionalistas (españois, por suposto). Despois chega co 'xente normal', logo os contrarios son anormais ou non son xente? Remata coa elevada consideración de tropa, suponse que iso é pexorativo, pois a xente normal deben ser beatas dispersas e nada uniformadas que, por suposto, non se deixan manipular polo honorable Partido Popular e os empresarios modelo, que tan ben os informa a TVG e a TVE, pese a xornalistas anormais que participan nos venres negros nos que denuncian manipulación dos honorables e honrados políticos que representan á xente normal... Levoume un tempo asimilalo, agora xa o entendo!

2 Santiago

A realidade é a que é. Pódese estar a favor ou en contra da mina, pero o que hai que recoñecer é que está a ser aproveitada polo nacionalismo patrio para facer o que mellor saben facer, barullo e que corra, que a música non pare Porque a súa maior aspiración non é solucionar nada, senón seguir dando a murga. Mina Touro O Pino Non ou Adega non son máis que dúas ramas da mesma árbore, só que unha non ten entidade legal de nengunha clase e outra si é unha asociación. E por certo, habería que facer unha enquisa á poboación de Touro e O Pino para saber canta xente estaba realmente no manifestódromo do Obradoiro e canta a favor do proxecto. Seguro que habería máis dunha sorpresa.