Manifesto "galeuscat" contra o boicot a Israel

Políticos, xornalistas, profesores ou académicos da esquerda nacionalista de Galicia, Euskadi e Cataluña asinan un documento conxunto contra o boicot a Israel.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/03/2011 | Actualizada ás 22:38

Comparte esta noticia

O ex líder de ERC, Josep-Lluis Carod-Rovira ou o senador Iñaki Anasagasti son uns dos asinantes de "Pola Paz contra o boicot a Israel", un manifesto que pretende chamar a atención sobre a campaña "BDS" (Boicot, Desinversión e Sancións) que varios grupos, asociacións e mesmo partidos políticos iniciaron contra produtos de Israel ou actividades organizadas polo goberno deste país.

Así, os asiantes deste manifesto, entre os que se atopan tamén o académico da RAG, Xoán Bernárdez Vilar, ou o presidente da AGAI, Pedro Gómez-Valadés, cren que esta campaña "discrimina" aos cidadáns israelís e non favorece á causa palestina.

None

"Solución final"

Neste senso, suliñan que están a favor dun Estado palestino "viábel" pero sempre baixo as premisas de diálogo e negociación. "Parécennos lexítimas as críticas ás autoridades de Israel, pero non a invocación da súa destrución como “solución final” ao conflito, e menos cando se obvia que é un estado democrático, para dar curso á infame equiparación co réxime  de Apartheid da antiga Sudáfrica", apunta este manifesto.

Finalmente, critican que se tente "importar" aquí un "conflito externo" e se "estigmatice" aos cidadáns de Israel. "As accións de boicot á cultura e á economía israelí e a discriminación contra persoas desta orixe nacional, son condutas racistas e delitivas que estanse a tolerar impunemente nas nosas sociedades", conlúen.

**********************

MANIFESTO


Pola Paz contra o boicot a Israel


Os abaixo asinantes, cidadáns vascos, cataláns e galegos, que defendemos o dereito de autodeterminación dos nosos respectivos pobos, mediante este escrito, queremos amosar a nosa oposición á campaña que sob o nome BDS (Boicot, Desinversión e Sancións),  promove accións de todo tipo contra produtos, actividades ou profesionais provintes de Israel en ámbitos económicos, académicos, culturais ou deportivos.

Consideramos que esta campaña,  que pretende ser un instrumento de presión sobre o goberno israelí para que mude a súa política respecto dos territorios palestinos, non   favorece en nada ao devandito fin, e pola contra cremos que por medio da mesma, estanse a cometer actos discriminatorios contra cidadáns israelís que reavivan o odio contra os xudeus en xeral.

Cremos que a creación dun Estado palestino viábel, (prevista na resolución das Nacións Unidas de 1947 dividindo a Palestina británica en dous estados un xudeu e outro árabe),  pode ser a solución ao conflito se comporta o recoñecemento de Israel por parte dos estados árabes. Mais para iso consideramos que son o diálogo e a negociación os instrumentos  que debemos promover entre as partes implicadas.
 
Parécennos lexítimas as críticas ás autoridades de Israel, pero non a invocación da súa destrución como “solución final” ao conflito, e menos cando se obvia que é un estado democrático, para dar curso á infame equiparación co réxime  de Apartheid da antiga Sudáfrica. Israel, a pesar dos defectos que se lle poidan reprochar, foi unha referencia  para os pobos que aspiran á súa soberanía, especialmente así foi no caso catalán. O feito de que Pau Casals, o catalán máis universal sexa á vez cidadán de honra de Israel así o proba. Ou tamén o recente libro sobre Jordi Pujol e os xudeus. Por iso criticamos a quen en nome da liberdade dos nosos respectivos pobos solidarícense en exclusiva coa causa palestina e  negan a Israel o dereito a unha existencia en paz como fogar nacional do pobo xudeu.

Así mesmo, parécenos unha irresponsabilidade que baixo o argumento da solidariedade se pretenda importar ás nosas sociedades un conflito externo e se interiorice a estigmatización dos cidadáns israelís e xudeus en xeral que conviven nas nosas sociedades. As accións de boicot á cultura e á economía israelí e a discriminación contra persoas desta orixe nacional, son condutas racistas e delitivas que estanse a tolerar impunemente nas nosas sociedades. Como cidadáns que aspiramos á soberanía das nosas respectivas nacións non podemos admitir o racismo antixudeu que subxace nestas campañas de boicot, e nin moito menos que contamine o futuro modelo de sociedade que desexamos para os nosos pobos onde deberemos poder vivir en liberdade todas as persoas sexa cal for a súa procedencia nacional.

Asinan este texto desde Euskal Herria, Catalunya e Galiza:

Jon Inarritu, xurista . ARALAR
Xabier Kintana Membro da Real Academia de la Lengua vasca
Jurgi Kintana, historiador
Mikel Itoiz, enxeñeiro
Iñaki Akerreta, periodista
Filipe Duluc, lingüista. Ex-presidente do PNV de Iparralde, actualmente en EA.
Iñaki Anasagasti, senador


Toni Florido, President de ACAI,
Mila Miró, Secretaria de ACAI
Ignasi Carnicer, ex-deputado de PSC
Jordi Argelaguet, director do CEO
Jaume Renyer, profesor URV.
Alfons López Tena, deputado de Solidaritat
Jaume Nogueroles, vogal de AGAI
Pilar Rahola, periodista
Josep-Lluis Carod-Rovira, politico e escritor

Xoán Bernárdez Vilar, membro da Real Academia Galega
Carlos Penela. escritor
Natalia Costas Alonso avogada e membra da Executiva Comarcal do BNG en Vigo
Constantino Lago sindicalista -CIG
Manuel Feáns. Profesor. Ex concelleiro do BNG 
Paco Lores Santacecilia, sindicalista - CIG
Cesar Pazos, técnico de marketing. Membro do Padroado da Fundación Enclave
Pedro Gómez-Valadés, Presidente AGAI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

13 GRAB

Israel é a única democracia na zona, e o BNG que non conte máis co meu voto, fartiño me teñen de traballar en todo menos na nación galega. E viva Israel!!

1 Porco Jones

¿Pero ti liche a nova?...?????

12 Luc-ense

Assim é a democracia em Israel: http://www.lavozdeasturias.es/mundo...

11 pero que din

o mundo ao reves? Pero ista xente nos tempos de franco eran partidarios de boicots e sancións ou estaban a prol da dar pulo ao caudillo?

10 Hannah

O odio contra os judeus aviva-se com os seus múltiples crimes contra o povo palestino; com as discriminaçons, abusos de poder, miserias e assassinatos aos que o sometem a cotio. Ou é que se pensam que o antisemitismo é genético? Por favor, deixem-se de tanto victimismo! Isto é o que se chama ver a palha no olho alheio e nom ver a viga no proprio.

9 galega-galilea

En serio, credes que Israel precisa de vós para defendervos? Francamente, xa que sodes BNG, defendede máis o povo galego, que nos están a merendar os tiburóns de sempre.

1 Manolo2

Y entonces ¿por qué otras veces el nacionalismo galego se manifiesta a favor de Castro - lo llaman cruelmente Cuba - Sadam Hussein, o Gadaffi - lo llaman el pueblo libio - a los rebeldes al tirano que les den?

2 Caca e pis

BNG = Saddam Hussein = ETA = Hitler = Belén Esteban, todo el mundo lo sabe