Villares achaca á "decepción" da militancia do PP a baixa participación para elixir ao seu presidente

"Nós respectamos os procesos internos de cada partido, pero eles mesmos están a denunciar a súa falta de motivación interna", esgrimiu Villares, portavoz de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2018 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

O portavoz nacional de En Marea, Luís Villares, achacou á "decepción" dos votantes e militantes do PP a baixa participación dos inscritos para elixir o sucesor do seu expresidente Mariano Rajoy á fronte do partido.

Luís Villares, líder de En Marea
Luís Villares, líder de En Marea

Así o expresou este mércores o tamén portavoz do partido instrumental no Parlamento galego, en referencia a que tan só o 7,6% da militancia dos populares (66.384 afiliados) a nivel nacional, e o 4% (4.222) a nivel galego --segundo cifras provisionais-- se atopa en disposición de participar na elección do seu novo líder. "Nós respectamos os procesos internos de cada partido, pero eles mesmos están a denunciar a súa falta de motivación interna", esgrimiu Villares.

Neste sentido, culpou do "hartazgo" na sociedade e da "decepción" entre os seus votantes e militantes ás "políticas practicadas polo PP". Así, tamén apuntou que a baixa participación se debe a que "xente do partido está a ser investigada, como Pablo Casado", o vicesecretario xeral de comunicación do PP e precandidato á súa presidencia, posto que este luns a xuíza que investiga o Caso Máster volveu solicitar á Universidad Rey Juan Carlos de Madrid (URJC) que aclare se teñen constancia de que existise o tribunal de convalidaciones do máster de Dereito Autonómico que realizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nin pepeiros nin mareados

Sigue sen enterarse de nada de nada, que pena, non e decepción, o que sinte a militancia pepeira, senon alivio de que un.ha persoa asociada a malfeitores e narcotraficantes (A PROBA DA FOTO DO BARCO DA DROGA, SI FRIJOLES!!!!) non vaia as elección para elexir o xefe da oposición o partido podreiros para poder ser a oposición oficial de expaña... os baixos números son por outras razons porque ises listados están inflados, miren si algún empresario mete polo forza os traballadores como militantes pepeiros de pro, e despois xa nin pagan os 3 euros da militancia... pero non é un individuo como o xuiz villano o que ten que falar, si o puxeron polo dedazo do -Vieiras (anda teledirixindo todo o evento da marea instrumental, esta tocando o piano, aporreando as teclas, pero soamente as de cor negro) señores a marea fixo gran purga "os mozos anovados foron reanovados" - O DISCURSO DO VELLO E CADA VEZ MAIS EXTREMO - https://www.youtube.com/watch?v=Njo...