O Concello do Pino di "si" á mina mentres colectivos denuncian manobras especulativas

O pleno do Concello do Pino volve apoiar a mina mentres representantes da Plataforma Veciñal participan en Londres na Xunta de Accionistas de Atalaya Mining.

Por Galicia Confidencial | O Pino | 27/06/2018 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O Pleno do Concello do Pino volvía rexeitar esta mañá unha moción contraria ao proxecto de megamina logo da publicación dos informes sectoriais da Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON participaba en Londres na xunta de
accionistas de Atalaya Mining, a compañía que está detrás das sondaxes no lugar onde se pretende abrir o megraproxecto.

Pleno no concello do Pino hoxe
Pleno no concello do Pino hoxe | Fonte: Plataforma de Veciños

Os concelleiros Óscar Vilar Chento (PSdeG) e José Luís Vidal Brocos (BNG) presentaban  unha moción instando ao goberno local a rexeitar o proxecto e a esixir a restauración
dos danos causados pola explotación abandonada no ano 1986. Para iso preentaron os últimos informes sectoriais da Xunta de Galicia: “non podemos deixar de lado, nesta exposición, o asunto dos informes sectoriais” declararon.

A Plataforma de veciños contrarios á mina a ceo aberto considera que os informes sectoriais que se van coñecendo “ son maioritariamente desfavorables e presentan alegacións”. Para a Plataforma chegou “a hora de actuar, tendo en conta eses informes”.  Os concelleiros que presentaron a moción leron que  “é obrigado escoitar o clamor social en contra da mina”. Pola súa banda, o concelleiro  Vilar Chento, recriminoulle ao alcalde Manuel Taboada que “a estas alturas” non coñecese ningún dos informes sectoriais. A resposta do alcalde foi un “non estamos persoados no asunto”.

PRESENZA DE TRABALLADORES DA CANTEIRA SITUADA NA MINA

O pleno estivo ateigado de veciñas e veciños contrarios á mina. Non obstante, a Plataforma denunciopui que “ante a falta da “maioría silenciosa” acuñada por Cobre San Rafael, acudiron algúns das traballadoras e traballadores das empresas que a día de hoxe operan nos terreos da mina”. O concelleiro do PSOE aproveitou a ocasión para falar da “posible coacción e mentiras ás que están sometidas estas traballadoras por parte da compañía Explotaciones Gallegas”.

Representantes da Plataforma en Londres
Representantes da Plataforma en Londres | Fonte: Plataforma de Veciños

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON, nun documento entregado aos traballadores, a empresa sinalaba que, de declararse a caducidade da concesión mineira, todos quedarían sen traballo. Na nota de prensa enviada pola Plataforma dise que  “só unha pequena parte dos traballadores de Explotaciones Gallegas viven, a día de hoxe, da actividade mineira. Tratamientos Ecológicos del Noroeste, Tecnología y Reciclaje de Materiales e Centro de Valorización Ambiental do Norte teñen actividades que nada teñen que ver coa explotación mineira”.

Tanto  Explotaciones Gallegas e Francisco Gómez operan na canteira de áridos, máis a súa actividade e a dos seus traballadores tamén discorre por outras areas. “En todo caso, o rexeitamento do proxecto non afectaría aos postos de traballo actuais, ao contrario do que se manifesta na folla distribuída” di a Plataforma.

Javier Quián, da mesma plataforma, lembrou ao alcalde a lista dos concellos, incluídos tamén do PP, que xa rexeitaron o proxecto mineiro e participaron na manifestación en Compostela o pasado 10 de xuño. A respecto dos informes da Xunta de Galicia, Quián salientou que “se destacan afecciones a la salud pública, se destaca afección a las aguas subterraneas, se declara incompatible con  actividades ganaderas y agrícolas, señor Taboada” para concluír que “le agradeceríamos que reconsiderase su posición ante este proyecto y ante sus vecinos”.
A moción foi rexeitada cos votos en contra do grupo popular municipal ante os berros de
“Mina Non” e a indignación de veciñas e veciños.

Segundo os técnicos da Xunta de Galicia, as explotacións gandeiras “poden ver afectados
tanto o subministro como a calidade da auga da que se abastecen ao producirse a destrución
dos acuíferos e a contaminación química
derivada da disolución química e arrastre dos
diferentes compostos químicos na auga de chuvia”. O informe de Medio Ambiente fala de “inconcrecións“, “incongruencias”, e de “cuestións non tratadas que precisan dunha argumentación con base científico-técnica sólida e contrastada” respecto da impermeabilización dos residuos perigosos.

XUNTA ACCIONISTAS EN LONDRES E MANOBRAS ESPECULATIVAS

“Atalaya di que ten o apoio do goberno galego e tamén o apoio das comunidades locais. Isto é completamente falso”   di Luis Gallardo representando á Plataforma en Londres na Xunta de Accionistas de Atalaya Mining. Alí varios membros de organizacións contrarias aos proxectos da multinacional en España, personáronse ante a empresa mineira. Luis Gallardo comezou a súa intervención cunha clara mensaxe: “Atalaya di que ten o apoio do goberno galego e tamén o apoio das comunidades locais. Isto é completamente falso”.

Por outra banda, o membro de Ecologistas en Acción Isidoro Albarreal, en declaracións a Galicia Confidencial respondendo á pregunta de por que agora o interese de Atalaya Mining en reabrir explotacións pechadas hai tempo, dixo “a idea é que podan reabrir presentando un informe que xa saben que as autoridades dirán que non é posible e a empresa presentará outro coas correccións no papel” pero “isto non o cumprirán no momento de reapertura da mina”. Albarreal declara que “detrás disto hai unha manobra de especulación, se abren a mina as accións da compañía e os dereitos da explotación mineira soben na bolsa, entón iniciarán os trámites para vender por un montante de diñeiro moi superior ao que investiron”.

Ecologistas en Acción presentouse tamén no pleno do Pino en solidariedade cos veciños do concello e porque a mesma empresa reabriu en 2015 minas en Huelva e cunhas balsas que están en perigo de rotura. Ademais, Atalaya Mining quere reabrir outras explotacións en Cantabria que afectarían ás Cuevas de Altamira, Patrimonio da Humanidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta