Temas: UPG UMG

As mocidades da UPG anuncian unha "nova etapa" para "liberar a patria galega"

O actual Secretario Xeral da UMG, Adrián R. Bravo, apuntou a unha renovación tanto nos organismos de dirección da UMG como na Secretaria Xeral no congreso de xullo, tras a crise que supuxo a marcha de militantes nos últimos meses.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2018 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

“Sairemos reforzadas deste XVII Congreso, sendo conscientes que unha UMG forte contribúe ao avance da loita da clase obreira galega dentro da mocidade, compromiso que non rexeitamos e polo cal traballamos, tal e como di o lema do congreso, organizando a revolución, liberando a Patria Galega”, afirmou Adrián R.Bravo con respecto ao congreso que terá lugar o día 7 de xullo en Pontevedra.

Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016
Membros do Comité Central da UPG elixidos na última asemblea do 2016 | Fonte: UPG

Segundo o Secretario Xeral o XVII Congreso abrirá unha "nova etapa para a UMG", xa que durante a xornada "se analizará e debatirá en profundidade sobre as problemáticas que afectan á mocidade galega e o xeito de incidir na mesma, reforzando as nosas propostas políticas, sempre dende o punto de vista social e nacional, en chave de clase traballadora e nación galega.”

Deste xeito, esta "nova etapa" que se abre para as mocidades da UPG é inseparable da renovación dos organismos. Así, o o Comité Nacional da UMG confirmou que o actual Secretario Xeral, Adrián R. Bravo, non se presentará a reelección. "Chegamos a este XVII Congreso con un importante traballo realizado durante estes últimos anos, a UMG reforzou as súas filas e grazas ao traballo diario e a formación práctica e teórica a día de hoxe existen numerosos camaradas que poden ocupar postos de responsabilidade de organización", sinalou Bravo.

Este novo congreso chega logo da saída de destacados dirixentes da organización nos pasados meses logo de problemas internos, entre eles, unha das súas voceiras, Iria Figueroa.

Temas: UPG UMG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 comunista independentista

Si. Eles van rematar todos 'liberados'.

1 Tunel Do Tempo

¿Ainda é Bieito Lobeira o presidente ou atopou outra cousa?