Denunciados por esinar fóra da escola

Débese prohibir educar aos fillos fóra das aulas oficias? GC afonda no debate sobre o "Homeschooling" da man de dúas nais que se atoparon a Policía na porta por unha denuncia anónima. Vídeo de Tingalaranga.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/03/2011 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

"Fomos denunciados anonimamente no teléfono do menor, apareceunos a Policía na casa, o trato foi moi correcto, pero ... para unha familia normal abrir a porta da súa casa e atopar unha placa é moi impactante". Quen así fala é Mónica, nai dunhas das poucas familias galegas que aposta por ensinar aos seus fillos á marxe da escola tradicional, fano eles mesmos nas casas. Fragueiro ten tres fillos, dúas nenas en edade de ser escolarizadas.

A Xunta acaba de aprobar unha nova norma, Lei de Apoio á Familia e a Convivencia de Galicia,  na que se poñen máis trabas ao que coñecido no mundo anglosaxón como "Homeschooling". Como apuntaba Sechu Sende nunha reportaxe para GC sobre o ensino na casa "esta lei nom fai distinçom algumha entre a desescolarizaçom por negligência e a das crianças em ensino doméstico ou em sistemas alternativos que garantem o direito à educaçom".

Fragueiro explica que o ensino doméstico consiste en "asumir integramente a educación dos nosos fillos, que non quere dicir que non botes man de escolas a distancia, como é o noso caso".

Esta nai argumenta que a educación na casa "forma parte de moitas constitucións e forma parte do ordenamento lexislativo de todos os países do noso entorno". Polo contrario, aquí é unha iniciativa que moitos poderes públicos non ven con bos ollos. Isto levou aos pais a organizarse en colectivos a nivel galego e español.

O caso desta familia aínda non está nos xulgados, pero en Galicia hai outras familias que xa tiveron que pasar pola Xustiza. As familias apuntan que até agora a maioría das sentenzas foron favorábeis aos pais, tras os xuíces comprobar que non hai abandono dos cativos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

3 teletubbie em galego

Animo Meni: NOM PASSARÁM!!!

2 Àfrica

Me ha gustado mucho el reportaje. Creo que es muy claro en que consiste la educación en familia. A ver si los políticos y los técnicos se ponen a trabajar y en Galicia también se reconoce esta opción educativa.

1 Paco

O Papá estado "cuida nuestra". Claro, non quere que se eduque con valores de librepensamento e solidariedade!