Detido o profesor da USC que apoia a 'La Manada' por agredir a dous axentes en Santiago

Luciano Méndez Naya agrediu a dous axentes da Policía Nacional, que resultaron feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2018 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez Naya, coñecido por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoia a 'La Manada' e critica a vítima, foi detido logo de agredir a dous axentes da Policía Nacional nun altercado. Así o confirmaron fontes próximas á investigación, que relataron que os feitos tiveron lugar na contorna da Comisaría da Policía Nacional de Santiago.

Luciano Méndez, profesor da USC
Luciano Méndez, profesor da USC | Fonte: youtube.com

Supostamente o altercado produciuse en relación co vehículo do profesor cando un policía lle foi a advertir de que non se podía aparcar na zona da comisaría e que os mandos a distancia dos vehículos non funcionan polo inhibidor.

Méndez Naya foi detido pola Policía Nacional despois de agredir a dous axentes deste corpo policial, que resultaron feridos, confirmaron as mesmas fontes.

NOVO VÍDEO

A pasada semana Luciano Méndez Naya reafirmouse nas súas declaracións anteriores de apoio a 'La Manada': "A min non me dá un tirón de orellas ninguén. Eu teño a razón". Deste xeito, nun novo vídeo colgado en redes sociais, fixo referencia ao expediente informativo aberto pola USC e que a institución remitiu a Fiscalía para pescudar se das súas declaracións poden derivarse actuacións penais. Non entanto, non se impuxo ao docente ningunha sanción, xa que as consideracións foron feitas nun marco privado.

Do mesmo xeito, volveu reafirmar o seu apoio a 'La Manada' e cargou contra a vítima. "Négome a chamala vítima", di no vídeo, no que asegura que non ten "nada de machista" nin vai "contra a dignidade das mulleres".

"Eu teño empatía con todas esas mulleres que foron violadas e son violadas a diario", dixo o docente, para quen esas mulleres teñen que comparar a súa situación coa "desta 'tipa', que ía buscando marcha, e resulta que agora ten a toda esa masa defendendo as súas posturas", expresou o profesor.

"A lóxica dinos que o que pasou foi unha relación consentida", asegura Luciano Méndez, que considera que detrás da polémica está o feito de que "a sociedade española non pode aceptar que unha moza de 18 anos, para buscar emocións fortes, decida deitarse con cinco tipos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Gamela

Por fin este "tipo" atopou con quen medir as súas "forzas" ! Veredes como cando saia o xuizo por atentado contra a autoridade presenta xustificantes psiquiátricos para irse de rositas (?) O malo é que levamos anos aturando a estes catedráticos da cunquiña da USC

3 Fuilco

Al menos no hizo como la diputada destrozacoches y no fardó de su condición de docente universitario. Ahora que nadie pida nada contra él mientras la Paula siga aferrada a la poltrona.

1 Gamela

Para ampliar a información que segue a circular de xeito SESGADO gracias ás intrigas de CERNA dentro de En Marea (?) http://praza.gal/opinion/4666/ensin...

2 Marga

O escote, a "manada", este atentado á autoridade, e máis en novembro pasado isto: 《Denuncian por agresión en un gimnasio al profesor que criticó el escote de una alumna de la USC. Luciano Méndez le propinó supuestamente dos puñetazos y una patada por la espalda a otro usuario》 https://www.lavozdegalicia.es/notic...

1 eusi

Boa prea!