Temas: LEITE AGRO

Poñen no mercado un iogur imitando o que saíu en plena Guerra Mundial

A marca Clesa recuperou a receita orixinal de 1943 para celebrar o seu 75 aniversario. A marca impulsa tamén un ‘Museo Virtual' de lembranzas a través das redes sociais.

Por X.M. Fernández | Caldas de Reis | 30/06/2018 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A marca Clesa cumpre 75 anos como referencia de iogures e sobremesas lácteos, e para celebralo lanza unha gama de “Iogur Aniversario”. Elaborado só con leite fresco, recupera a receita de 1943, que destaca a súa alta cremosidade, lixeira acidez, e por suposto 100% natural. A nova gama estará dispoñible en dúas variedades: Natural e con Arandos.

Iogur Aniversario de arandos de Clesa.
Iogur Aniversario de arandos de Clesa.

Ademais, con motivo deste 75 aniversario, a empresa impulsa un Museo Virtual en redes sociais no que os consumidores poden compartir unha imaxe nostálxica con presenza visible de produtos ou merchandising da marca.

Con sede en Caldas de Reis (Pontevedra), forma parte de CLUN a través da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL ( ACOLAT), e os seus produtos contan coa certificación PLS (Produtos Lácteos Sustentables), concedida polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que garante que o 100% do leite é de orixe nacional e que foi contratada nunhas condicións que velan pola sustentabilidade económica do sector lácteo.

A compañía ten a súa orixe en Lácteas do Atlántico, unha sociedade fundada a finais dos anos 70, filial do Grupo Centrais Leiteiras Españolas S.A. (Clesa). O proxecto actual de Clesa dá comezo en 2012, liderado por 10 cooperativas lácteas galegas unidas en ACOLACT, Agrupación de Cooperativas Lácteas SL, cun firme compromiso co sector lácteo galego, a calidade e a innovación.

Iogur Aniversario natural de Clesa.
Iogur Aniversario natural de Clesa.
Temas: LEITE AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta