A localidade coruñesa de Calo (Teo) tingueuse de branco para rematar o San Xoán

A grande orquestra galega Panorama converteu ao público de Teo no grande protagonista da noite con continuas alusións e diálogos para que seguira os bailes das coreografías e saltara cos 'panorámicos' no aire.

Por Ángela Precedo | Calo, Teo, Ames | 30/06/2018 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A parroquia de Calo, no municipio de Teo (A Coruña), tinguiuse de branco para despedir o San Xoán. E é que nalgúns pobos esta festividade aínda continuou tres días máis tras o sábado 23 de xuño. Así foi como este martes os ‘panorámicos’ brancos –globos inchables e alongados que ao chocar entre eles emiten ruido, usados para apoiar as actuacións dunha formación-- da orquestra Panorama invadiron a praza da localidade.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).

Dende pola tardiña, a banda municipal animou un recinto propio das mellores verbenas do verán, onde había dende tómbolas e diversos postos de comida e venta de obxectos até atraccións de todo tipo para pequenos e maiores. O sitio dispoñía así mesmo de dous aparcamentos, que se acabaron enchendo pese á súa gran capacidade, así como dunha extensa cantina que ocupaba toda a praza e unha disco móvil para amenizar o descanso da actuación. Todo un conxunto de pezas que fixo que as coñecidas como festas de ‘San Xoán de Calo’ rematasen por todo o alto a ritmo da mellor orquestra galega actual: Panorama (Pontevedra, 1988).

Ademais, cabe resaltar tamén o feito de que, entre o público que acudiu á verbena, non só estaban os veciños da zona, senón tamén moitos visitantes –pese a ser un día entresemana e a que a maior parte da xente tiña que traballar ao día seguinte—e compañeiros cantantes doutras formacións. Este foi o caso de Eulicer Aróstegui e Néstor Peña, de El Combo Dominicano; ou Santi Pulido e Alfred Asensio, da orquestra New York, entre outras personalidades do mundo da verbena en Galicia.

Así, coa praza abarrotada de xente e tras ter repartido dous ‘panorámicos’ inchables por persoa --para incitar á participación do público-- elevouse o telón de Panorama algo máis tarde da medianoite, cunha profunda e potente voz de fondo que murmuraba repetidamente a palabra “deluxe” –nome da actual xira 2018—. Pouco despois este murmuro daba paso á introducción da orquestra, mentres se elevaba o telón coa mesma voz en off: “Porque para nós é un luxo terte aí, e sentirte preto, cada vez máis preto –alusión para que a xente se aproxime ao escenario--. Coa ilusión de sorprenderte día a día, véndote cada noite coas mans alzadas ao ceo –esta apelación diríxese en todo momento a un “ti”, non a un “vós”, de maneira que se fai máis persoal para cada un dos espectadores--. Esta ilusión é a forza que sentimos cada día. Chegou o intre de decirvos grazas”. Tras esto escóitase retumbando por toda a praza: “Panorama 2018, Deluxe Tour, porque… Esto es pa’ ti!”.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).

ESPECTÁCULO VISUAL DA PANORAMA

Con este inicio, a formación deixa claro, unha vez máis, que o seu grande atractivo reside na posta en escea, porque a Panorama o espectador non só vai bailar, senón tamén a desfrutar dun espectáculo visual. E, como comezo, neste San Xoán de Calo apareceron sobre o escenario varios guerreiros ataviados con lanzas e cascos luminosos. Un deles descolgábase dende unha corda dende o teito. Outro saía dende as profundidades, baixo o soporte do palco e elevaba a súa brillante lanza –Kotwey Marval (Los Españoles, até 2013; Olympus, de 2013 a 2015; Panorama, dende 2016)--.

No fondo, nas grandes pantallas que invadían todo o espazo da formación podían verse raíñas exipcias con inmensas pirámides tras elas, a modo de 'background'. Así daba comezo a interpretación da canción de ‘Roar’, de Katy Perry, con oito bailaríns --catro homes e catro mulleres--, e unha cantante ataviada como unha auténtica raíña exipcia –Daira Monzón (Panorama, 2013; Costa Oeste, de 2014 a 2015; Panorama, dende 2016)--. Todos os membros da formación coordinaban os seus movementos para crear unha coreografía que simulase unha danza tribal, tratando de imitar o videoclip da cantante estadounidense, con un toque exipcio ademais de salvaxe.

A segunda canción, Dark Horse’, de Katy Perry, interpretada por Natalia Méndez (Juan Mallo, de 2002 a 2003; Fortaleza, de 2003 a 2005; Ismael, de 2005 a 2006; Filadelfia, de 2006 a 2011; Los Satélites, de 2011 a 2013; Panorama, dende 2014), cun escenario xa completamente introducido no Antigo Exipto, non só cunha pirámide que culminaba o seu centro, senón con xeroglíficos en todas as pantallas que iluminaban de cores o palco. Asi mesmo introdúcese a figura do cabalo de Troia e todos os bailaríns portan disfraces negros e dourados, con pasos coreográficos que aluden á tradición desa cultura africana. As roupaxes non perden detalle e están perfectamente coidadas, cunha coira no pelo para as mulleres, pelucas negras e maquillaxe imitando os rasgos característicos dun cidadán exipcio, con túnicas para os homes e faldas e cinturóns negros para as mulleres.

A terceira canción introduce ao espectador por completo no nome da xira: ‘Esto es pa’ ti’, do grupo cubano Santa Fe. Ilumínase o escenario en verde e ábrese, con moito fume, a pirámide central que constituía o escenario do tema anterior. De alí salen os dous cantantes principais da formación atraviados cun traxe con americana e pantalón en negro –Mario Álvarez (Tekila, 2004 a 2009; gañador de Operación Triunfo en 2009; Panorama, dende 2016) e Lito Garrido, o presentador da orquestra (Panorama, dende 1993)--. A canción consegue transmitir ao público, co seu ritmo latino e cunha letra idónea, as ganas de festa e de olvidar os seus problemas ao menos durante unha noite de festa na compaña de familia e amigos: “pa’ que o desfrutes e pa’ que te enamores […], é a menciña pa’ todas as dores do corazón; se a vida che dí dalle, como é posible que digas non, aproveita as alegrías, vive a vida como fago eu”.

INCITACIÓN AO PÚBLICO

Fóronse sucedendo as cancións e case entre cada unha delas o presentador Lito Garrido ou ben o seu compañeiro Mario Álvarez aludían ao público e dialogaban con el para que seguise as coreografías indicadas pola orquestra Panorama. Así, o tema Mi gente’, de J. Balvin e Willy William, causou o primeiro subidón da noite, tal e como o calificou o propio cantante, ao grito de “saltamos todos: un, dous, tres!”. Toda a festa estaba entregada ao 100% cos ‘panorámicos’ arriba e movéndose ao compás da música.

Xa todos os compoñentes das filas desta grande orquestra estaban cambiados e portaban traxes vistosos, saltando para incitar ao público a moverse aínda máis. Tanto foi así que o propio Lito dixo nun momento: “os panorámicos son a nova ferramenta de Panorama”, e explicou como era o seu funcionamento: “non son para levar para a casa, levádelos inchados coa palliña”. Saltou o ‘confeti’ en numerosas ocasións e o público prendeuse con cada voltereta e acrobacia que realizaban os bailaríns, todo un espectáculo. “Esquerda, dereita, esqueda, dereita!; oooh, eeeh, ohhh!”, berraba toda a festa.

Tamén a interpretación de Madre Tierra’, de Chayanne, resultou ser un dos temas que incitou á festa e á celebración: “la, la, la, la, laralaralara”, berraba Lito. A letra era tamén a propicia para animar a calquera dos asistentes: “cando esteas perdida e non saibas onde vas, recorda de onde ves e que ben te sentirás, sempre que chove escampa, son consellos de mamá, e coa bendición dos teus ancestros chegarás”.

Outra posta en escea brutal foi a interpretación da canción Mayores’, de Becky G., por parte de Daira Mozón que recreaba case ao mínimo e por completo a escenografía do videoclip, cun coche de época sobre o que se situaba a cantante e un telón que se despregaba pouco a pouco ata mostrala ataviada cun traxe vermello de ‘femme fatal’. Catro homes bailando ao seu redor e Kotwey como o encargado de realizar o rap de todas as cancións de reggaetón que o incorporan.

Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames). Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Orquestra Panorama en Calo, Teo (Ames).
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta