O estrano caso da peregrina austríaca desparecida en Melide e atopada no centro de Santiago

O grupo co que viaxaba deu a voz de alarma logo de que non collera o autobús de apoio xa que dixo sentirse cansa e indisposta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/06/2018 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A peregrina austríaca que estaba sendo buscada ao longo do Camiño Francés de Melide por numerosos efectivos policiais e de Protección Civil apareceu, finalmente, en Santiago en perfecto estado. A muller, de 72 anos, supostamente se perdera do seu grupo o pasado xoves.

Finalmente foi identificada por dúas mozas en Santiago, nunha rotonda preto da zona nova da cidade, e avisaron a unha patrulla da Policía Local. Foi trasladada á comisaría da Policía Nacional en Santiago de Compostela.

Cando desapareceu en Melide formaba parte dunha viaxe en grupo de 50 persoas que facían o Camiño a pé, pero ela decidiu ir no autobús que os seguía porque estaba cansa. O condutor perdeuna de vista nunha parada.

Peregrina desaparecida en Melide. GUARDIA CIVIL
Peregrina desaparecida en Melide. GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta