A Xunta di estar preparada para afrontar os lumes deste verán

Asegura que se incrementou tamén a prestación do servizo dos fixos-descontinuos da Xunta e as brigadas de Seaga e Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2018 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

A campaña de alto risco de incendios forestais comezará en Galicia este domingo 1 de xullo e estenderase, por primeira vez, até o 31 de outubro, de forma que neste período estarán prohibidas as queimas agrícolas e forestais no monte galego. A Xunta asegura que, con esta medida, o Goberno galego está xa preparado para afrontar a nova campña de lumes.

Queima forestal
Queima forestal | Fonte: Europa Press

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que puntualizou que, no caso de que as condicións meteorolóxicas así o permitan, a prohibición poderíase levantar no mes de outono. A decisión de estender a temporada "de alto risco" tense decidido despois de que nos últimos anos as condicións meteorolóxicas no outono fosen favorables para a propagación de lumes, segundo informa Medio Rural, que lembra que o operativo xa está dispoñible e a "pleno rendemento".

Ademais, apunta que se incrementou tamén a prestación do servizo dos fixos-descontinuos da Xunta e as brigadas de Seaga e Tragsa, que pasarán de 3 a 4 meses, até o 31 de outubro. Xa desde este sábado reforzarase o dispositivo establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Pladiga. Este ano, como nas últimas campañas, estará integrado no verán por uns 7.000 efectivos, con 5.700 profesionais da Xunta, que estarán apoiados por persoal do Ministerio de Agricultura, do Exército e dos Corpos e forzas de Seguridade do Estado e outras entidades locais.

Ademais, cóntase cunha trintena de medios aéreos, entre os propios da Xunta e os que achega o Estado, e 360 motobombas da Administración autonómica, dos Concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos. A Consellería do Medio Rural pide, en todo caso, o "máximo compromiso contra os incendios forestais na loita contra a actividade delituosa incendiaria" e pide que se denuncien "estas accións cando se teña coñecemento delas".

Desde a Xunta lémbrase que está a disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso dun incendio forestal. Ademais, incídese en que as persoas que se acheguen ao monte nestas datas deben extremar as precaucións e evitar calquera práctica que implique risco de lume.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sei se xa falaron con Oubiña que nas súas últimas declaracións afirma: "Yo los mandaría a limpiar montes para que no se quemaran" Cualqueira que entenda a retranca galega pode chegar ás mesmas conclusións ¿por que despois de 15 días de infierno en 2006 apareceu un submarino nas Cíes? Chercher l´argent... https://politica.elpais.com/politic... Haberá que saber se este verán vai haber DESCARGA GRANDE!