Xuntos Actúa, con ex dirixentes de EU e Podemos, presenta o seu proxecto en Ferrol

A formación defínese como "progresista" e con vocación "municipalista". O candidato en Ferrol, Carlos del Río, foi un dos fundadores de Ferrol en Común.

Por E.P. | Ferrol | 30/06/2018 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Este sábado tivo lugar a presentación de Xuntos Actúa, novo partido político que nace como expresión en Galicia de Actúa, proxecto auspiciado por persoas como Baltasar Garzón, Federico Maior Zaragoza ou Cristina Almeyda e que lidera a nivel estatal o excoordinador de EU, Gaspar Llamazares.

Dirixentes de Juntos Actúa que, en Galicia concorrerá ás municipais como Xuntos Actúa
Dirixentes de Juntos Actúa que, en Galicia concorrerá ás municipais como Xuntos Actúa

Ferrol foi o lugar elixido para a posta de longo da formación nun sábado no que a cidade ferrolá tamén acolleu o III Encontro Municipalista, que reuniu a un centenar de persoas dunhas 25 mareas locais.

Xuntos Actúa aglutina a persoas que proceden de formacións como Podemos ou Esquerda Unida críticas co rumbo tomado polas direccións destes partidos e que, segundo un dos seus promotores, Carlos Armada, teñen por obxectivo crear un proxecto "diferente" que pivote sobre as ideas do municipalismo e a loita contra a corrupción.

En declaracións a Europa Press, Armada, que encabezaba un dos sectores críticos de Podemos Galicia até a súa saída da organización morada, afirma que "as portas" de Xuntos Actúa permanecen "abertas" a todo aquel que "cumpra" coas ideas mencionadas.

Así, din estar afastados do que representa En Marea, un proxecto que cren derivado cara "o nacionalismo". Así, Xuntos Actúa fixa como obxectivo presentarse nas próximas eleccións nos municipios nos que consigan crear unha "estrutura estable".

CARLOS DEL RÍO

Un deses concellos será o de Ferrol, onde o expresidente de Ferrol en Común, Carlos del Río, é a cabeza visible e posible candidato á Alcaldía nos comicios de 2019. Del Río foi un dos fundadores de Ferrol en Común pero abandonou a formación hai uns meses polo seu enfrontamento co rexedor ferrolán, Jorge Suárez, ao que, o pasado xoves en declaracións a Europa Press, acusou de ser o causante de "a destrución da esquerda" na cidade.

E é que nas próximas eleccións municipais, Ferrol en Común competirá con Xuntos Actúa e Marea de Ferrol, outro proxecto xurdido das diferenzas internas da formación que se fixo co goberno ferrolán en 2015.

ACTO DE PRESENTACIÓN

Carlos Armada destacou o ambiente "cordial" que existiu ao longo da xornada deste sábado, unha cita orientada "aos membros" do partido e ao que se achegou xente procedente de "varias zonas de Galicia", como A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense ou Pontevedra.

Tamén asistiron ás xornadas membros de Actúa doutros puntos de España, como o exconselleiro de Vivenda do Goberno vasco, Javier Madrazo (ex de EU) e a deputada do grupo mixto no Parlamento balear Montse Seijas, expulsada de Podemos a finais de 2016 por vulnerar o código ético.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 sinvergonzoneria parachutada

mais e mais espectáculo da marea adoecida, autenticos aprobeitados que andan a meterse a gañar cartos a esgalla nos butacons da xudicatura (villano, palpatine, garzon), estanse a rir dos galegos, moitos o 95 por cento son de fora e outros son xa declarados traidores do nacionalismo galego (como o vello -Vieiras) eles están sos pero o demo os xunta en partidos de marea, van a Hierrol da mao do alcalde a pedir xunta, saben da caída do partido de Waldo das JONS, o chamado coletas, caída de mais de 17 puntos nas enquisas, polo momento ainda non esta valorado o escandalo da casa de 650 mil euros, xa fixeron a proba de estrés e a militancia aprobou a corroPPteira por 70 por cento, a partir de aiqui calisquer cousa, calisquer roubo descarado e posible no podrieros, por iso agora todo ven co desfraza EN MAREA, non vos deixedes engañar votar podreiros e votar marea e votar marea e votar expaña e votar roubo

1 Gamela

Carlos Armada (segundo pola esquerda na foto) leva máis de DEZ ANOS pechando proxectos e sigue e sigue buscando desesperadamente un Sillón Cómodo para vivir do conto o resto da súa vida... Dende que esnaquizou UPyD en Galicia xunto ao seu amigo Pedro Larrauri ata impedir que Vigo tivera un Consello Municipal de Podemos (grazas ás súas contínuas denuncias e mesmo agresións que chegaron ao xulgado de garda!) Que lle vaia bonito, e ao día seguinte das municipais veremos como pide o cese fulminante de Llamazares & Garzón por TRAIDORES !!! (este homiño non se cansa nunca...?)

1 Gamela

Pero semella saber de todo (todólogo) http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 LilaMoradoVioleta

Certo. Nútrese cando destrue. Ao mellor atopaba o seu lugar no mundo nun eido como telecinco de tertuliano no Salvame. Desbordando veleno gratuitamente. o que fixo co meu brutal traballo e esforzo en podemos vigo oeste durante 3 años esnaquizouno. Espero que o Karma non se tarde moito.