Pontón sobre Meirás: "Sería unha labazada á memoria das vítimas que a familia Franco recibise unha indemnización"

Ironiza coa "volta" do Feijóo "reivindicativo" despois do retorno dos socialistas a Moncloa: "Botabámolo de menos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2018 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou que o Pazo de Meirás debe ser "devolto ao patrimonio dos galegos" a "custo cero" porque "sería unha labazada á memoria das vítimas que a familia Franco recibise algún tipo de indemnización".

Ana Pontón (BNG).. BNG
Ana Pontón (BNG).. BNG | Fonte: Europa Press

"Tería que ser á inversa", engadiu a líder frontista este domingo durante unha entrevista en RNE na que remarcou que a posibilidade de recuperar a titularidade de Meirás sen indemnizar á familia do ditador está contemplada no informe elaborado pola Deputación da Coruña.

Esta semana foi presentada a proposta xurídica que propón a comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura para estudar a incorporación ao patrimonio público do Pazo de Meirás (BIC desde 2011), tamén coñecido como as Torres de Meirás, que pasa por que a Administración Xeral do Estado presente unha acción reivindicatoria, a través dunha demanda civil, na que se argumente o uso do inmoble como espazo institucional durante máis de 30 anos.

A fórmula prevista, cuxa palabra técnica é demanialización --e que, en síntese, significa que pola "forza do uso" trátase dun inmoble público--, abre a porta, iso si, a que os herdeiros do Franco sexan compensados economicamente. Así, Pontón pediu "diferenciar" entre os informes da deputación, na que a nacionalista Goretti Sanmartín exerce de vicepresidenta, e o de "os expertos nomeados polo PP" que contempla a posibilidade de que a familia do ditador poida ser indemnizada.

Nesta liña, apuntou que o PP "votou en contra" de que se reclamase a titularidade de Meirás "pola vía do informe da deputación", á vez que censurou que a Xunta convertese en "un expediente X" o aberto á entidade encargada de xestionar as visitas ao complexo, a Fundación Francisco Franco.

Nesta liña, despois de lembrar que 19 activistas do BNG están denunciados pola devandita asociación por unha acción levada a cabo en Meirás o pasado ano, Pontón reclamou ao Goberno de Pedro Sánchez que "se hai unha axenda de memoria histórica" que contempla, por exemplo, reconverter o Val dos Caídos, esta debe incluír a recuperación dos bens "expoliados" durante o franquismo en Galicia, como Meirás, a Casa de Cornide (A Coruña) e as estatuas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo.

ANGROIS

Ana Pontón visitou esta semana Bruxelas, onde mantivo unha serie de encontros, entre eles, coa comisaria de Transportes da UE, Violeta Bulc, quen mostrou o seu compromiso a interceder para que España leve a cabo unha investigación independente sobre o accidente de Angrois, que se cobrou a vida de 80 persoas e do que se cumprirán cinco anos este mes de xullo.

A portavoz nacional do BNG resaltou que é "moi grave" que un lustro despois da traxedia, a liña do Alvia aínda non conte co sistema ERTMS e que non se realizou unha investigación independente do sinistro. "Algunha cabeza tería que rodar", sinalou, para logo pór o foco en que "detrás de Angrois segue habendo moitos intereses" e, ao seu xuízo, "estase interesado en que non se saiba a verdade e que se faga xustiza".

Así, apunta directamente a PP e PSOE, aos que acusa de "ter medo á verdade" porque durante os seus gobernos "tomáronse decisións para aforra e axilizar a posta en marcha dese tramo".

O "CINISMO" DE FEIJÓO

"O cinismo que se practica na política supérame", indicou Ana Pontón en referencia ás declaracións do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nas que afirmou que non permitirá novos atrasos da chegada da AVE a Galicia. "O señor Feijóo avalou o atraso a 2016 e a 2019. Agora, o feito de que xa non estea Rajoy no Goberno fai que volva o Feijóo reivindicativo. Botabámolo de menos", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ulrike M

E esta quen é?

1 Ramón Iglesias Muíños

A ela coñecémola todos, vai co seu nome por diante, o impresentable es tí, paspán, que non es mais que un troll a soldo da caspa e da corruPPción.