Temas: FERROL XUSTIZA

Denuncian que un só policía se encarga da seguridade dos xulgados en Ferrol

Alternativas na Xustiza- CUT denuncia o incumprimento reiterado por parte da Xunta do convenio asinado hai 11 anos que contempla que son necesarios sete funcionarios do Corpo Nacional de Policía para garantir a seguridade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

"É absolutamente inadmisible que un só funcionario teña que encargarse do servicio de garda, que nesta semana está a ser atendido polo xulgado de Instrución número 2 de Ferrol, da violencia de xénero (como xulgado de violencia) e que non haxa seguridade de ningún tipo", afirma Alternativas na Xustiza- CUT. A organización denuncia o "abandono e a deixadez" por parte da Xunta en materia de seguridade nos edificios da Administración da Xustiza. 

A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol
A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol | Fonte: cedida

Así, Alternativas na Xustiza sostén que este incumprimento reiterado por parte da Xunta da resolución do oito de novembro de 2007, que estipulaba a distribución de efectivos e unidades, é unha irresponsabilidade. Neste convenio, establécese a presencia de sete axentes do CNP con turnos de mañá e tarde e con horario de servizos de vixilancia e protección.

Doutra banda, a organización sinala que no caso de Ferrol o problema é aínda máis grave, xa que ao ter o edificio xudicial dúas entradas, os axentes teñen que dividirse en caso de urxencias. Ademáis, tamén son eles os que deben auxiliar en caso de que sexan requeridos nun xuizo ou nos corredores do edificio.

A actividade diaria, denuncian, desenvólvese con só catro axentes (e non cos sete que
contempla o acordo asinado). E en periodos vacacionais, mingua, polo que se chega a situacións como a que se está a producir esta semana.  Alternativas na Xustiza- Cut reclama, como o verán pasado, que a Xunta de Galicia asuma as súas responsabilidades e cumpra coa legalidade vixente.

Temas: FERROL XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta