Temas: PARO XUNTA

A Xunta convencida de que reducirá o paro en 20.000 persoas ao ano

Destaca que aposta "pola formación de calidade como clave para a estabilidade laboral".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2018 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Galicia conta no primeiro semestre do ano con 15.000 parados menos, polo que, segundo destaca a Xunta, "se se mantén esta tendencia superarase o obxectivo da 'Axenda 20' de reducir o desemprego en 20.000 persoas ao ano".

Covadonga Toca. EUROPA PRESS - Archivo
Covadonga Toca. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Ademais, a través dun comunicado de prensa emitido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Goberno galego resalta das cifras publicadas este martes polo Ministerio de Traballo que a comunidade "supera o millón de afiliacións á Seguridade Social, con 26.622 máis no último ano".

Na evolución anual, tamén, o desemprego pecha xuño con 19.600 parados menos, o que a sitúa, en termos interanuais, como a terceira comunidade en que máis baixou a cifra de persoas que buscan posto de traballo e non o teñen.

Así mesmo, a consellería que dirixe Francisco Conde valora que a contratación en Galicia aumenta "mentres que no Estado redúcese", e engade que "a calidade no emprego crece cun incremento na contratación indefinida do 14,8% e a tempo completo do 2%, fronte a un descenso dos contratos temporais e a tempo parcial".

Un mes máis, reivindica o departamento autonómico que o paro cae "nas principais variables: nas catro provincias e sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade, nos menores de 30 anos, nos parados de longa duración e nas mulleres".

A maiores, asegura estar "a apostar pola formación de calidade como clave para a estabilidade laboral", cun orzamento que cifra en 135 millóns de euros este ano para programas de cualificación e orientación "para dar resposta ao novo escenario tecnolóxico".

Temas: PARO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta