Xornal confirma a marcha de Gómez adiantada por GC

O director caeu polas presións de Rajoy malia que a Constructora San José presenta o relevo como produto dun "mutuo acordo". Maria Val, até hoxe subdirectora, asume o cargo en funcións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 02/04/2011 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A construtora San José confirmou hoxe nas páxinas de Xornal de Galicia o relevo de José Luís Gómez como director, noticia adiantada o venres a primeira hora da tarde neste diario electrónico.

Segundo as fontes consultadas por GC, foi o propio Mariano Rajoy quen desencadeou a caída do xornalista. O líder do PP chamou ao construtor para protestar pola publicación dunha foto súa nun barco dunha familia de históricos do narcotráfico en Cambados, publicada por Xornal. Máis detalles aquí.

Na súa nota, Xornal tenta que a marcha de Gómez non se perciba como un conflito por mor das presións do PP:

"José Luis Gómez, de mutuo acordo coa empresa editora de Xornal de Galicia e Xornal.com, deu por finalizada no día de onte a súa etapa como director de ámbalas dúas publicacións. Gómez veu desempeñando con marcada profesionalidade a labor directora, dende o inicio das dúas publicacións". A editora gaba ao Gómez, a quen cualifica de "periodista de raza e prestixio". Gómez posúe gran parte das accións da empresa, a que seguirá vinculado.

Mostra de que o relevo se debe a unha decisión non prevista é que Xornal nomeu a subdirectora María Martínez Val "directora en funcións". É dicir, non había ningún substituto previsto para Gómez.

None

A Wikipedia recolle que María Martínez Val comezou a traballar no xornal El Ideal Gallego (1991), para pasar rapidamente a Galicia Hoxe e a El Correo Gallego. Accedeu posteriormente, a comezos da década de 2000 ao grupo Voz, onde foi directora de comunicación do grupo e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. En 2008 foi fichada como subdirectora de Xornal de Galicia polo seu promotor José Luis Gómez, cando a fundación do medio tras lograr o financiamento de San José.

Con todo,  máis alá de quen asume definitivamente o cargo, o que que máis preocupa aos traballadores é até que punto o construtor Jacinto Rey está disposto a seguir investindo nos medios.

Construtora San José suma ao fracaso do seu desembarco en A Nosa Terra, hoxe en concurso de acredores, un conflito que pode prexudicar a imaxe da cabeceira ante moitos lectores, pois Gómez tentou posicionar a Xornal como alternativa progresista e galeguista á prensa tradicional e agora o director cae, polo menos en boa medida, polas presións do líder do PP.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

11 Pitoniso

España non ten remedio, é mellor facer un estado novo chamado Galicia, que nos ceive de 500 anos de corruptelas e vergoñas alleas.

1 xosee

sip, onde estean as corruptelas e vergoñas própias que se quiten as de fóra.Onde vai parar... Mentres haxa estado haberá corruptelas, desengáñate.

2 Pitoniso

Pero hai estados e estados, porque non é o mesmo a corrupción de Suiza que a de España. E eu quero unha nova Suiza no Atlantico.

3 Tomás

Claro, claro, y yo quiero que me toque la lotería sin jugar o tener que pagar impuestos. ¿Y que propones que hagamos con los corruptos gallegos para empezar de cero con este idílico estado gallego?

4 J.B.

Galicia Independiente???? pero que estáis diciendo..... locos insensatos.... Galicia es la TERCERA comunidad autonoma mas POBRE de España, nos gana hasta Canarias, pero bueno, independizaos, por mi como si os tirais por un puente, mejor, menos gasto para España manteniendoos ahí, independizaos y mas que una "nueva Suiza en el Atlantico" tendremos un nuevo Ghana o algo mucho peor. Pensad ¿que industria tiene Galicia que no tenga otra comunidad autonoma?... ninguna, ¿y si se cierran las puertas? (olvidaos de entrar en UE, de eso nada en unos añitos) a quien vendereis o comprareis) ¿a Cuba? ¿a un Portugal intervenido por la UE y el FMI?.... pensad antes de hablar insensatos.... no mordais la mano que os da de comer PERROS!!!!

5 Can Desagradecido

JB, deixa a botella. Se che parece Madrid é a máis solidaria e a que máis produce... pobriños de nós sen o voso pienso, verdade? que sería de vós sen o domicilio fiscal das grandes empresas que hai en Galicia. Seguro que teriades o nível de Finlandia e Luxemburgo, co que vos custa manternos aos galegos...

6 Can Desagradecido

Pitoniso, máis que criar un estado, que dependendo da sua constitución e novas leis axudaría bastante (canto gañariamos cunha lei de financiamento de partidos políticos con maior control fiscal), o que temos é que coller outra cultura política. Non pode ser que aqueles que aqueles que aspiran a ter unha Galiza de seu segan mantendo o seu ámbito de actuación e referencias políticas exclusivamente no ámbito hispano ou latinoamericano. Iso no fondo é máis do mesmo. Se queremos un estado propio temos que pensar nun estado na UE e avanzar cara el con estratexias semellantes ás que están a levar outros paises de Europa con condicións moitas veces non moi diferentes das nosas.

7 Can Desagradecido

... Ao mellor ainda hai inxenuos coma JB que pensan que unha Escocia, un Flandes, unha Cataluya ou unha Galiza independentes ían ficar fóra da UE pola influencia e poder que ten o estado español. Na Europa entenden hoxe mellor a autodeterminación das nacións sen estado e o asumen de forma menos traumática que os cirróticos bebedores de JB de Terra Ancha

8 Alejandro

Casualmente la noticia es sobre un político gallego, sus supuestos contactos con el narcotráfico, y sus presiones para derribar a un periodista... No confío más en la política gallega que en la del resto del estado.

9 Alejandro

Casualmente la noticia es sobre un político gallego, sus supuestos contactos con el narcotráfico, y sus presiones para derribar a un periodista... No confío más en la política gallega que en la del resto del estado.

10 Xan d¨Outeiro

Xa estamos cos madrileños disparando por elevación. Acaso Galicia é diferente a calquera dos paises moitos máis reducidos e pobres que están hoxe na U.E.? Por que seremos tan miserables que nen sequera valoramos o que temos.Sr. J.B. vostede xa ten nome de bebida cara; non me extraña nada que lle guste vivir do conto. A min non. Eu prefiro traballar arredo por unha Galicia dona de si mesma e non depender da farangullas que decidan mandarme de Madrid. Isto serve para dispor dun xornal ou varios que sexan nosos, non deste o daquel partido, porque iso é unha adulteración asquerosa da liberdade de información e de opinión. Para ser libres de falr hai que dispor de escenarios libres, non hipotecados. Galicia pode ser libre e ter prensa libre, sempre que os galegos non pensemos coma J.B. Porque nese caso cumprese o que xa dixera Castelao "mexan por nós e didimos que chove". Sr. J.B. non lle de tanto ao trinque e sexa máis galego. Aí podemos atoparnos. Saúde.

10 saña

O problema de fondo de este asunto, non e dabatir si o sr. Gomez foi cesado ou non polas presions do PP, o nudo gordiano esta na incapacidade do nacionalismo galego de ser capaz de artellar e por en marcha medios propios de informacion o servicio dos intereses galegos.Cando nos decataremos de que sin medios informativos centrados en Galiza non imos a ningures.

1 sara

Hai neniño, pero eu coidaba que o BNG apostara todo a unha carta chamada Xornal, o que xogaba daquela era Quintana, lembras? Ben, xa sei que Beiras escolleu o Galicia Hoxe, e os da UPG non confiades en Jacinto Rey, menos Alfonso Eiré, o voso camarada que puxo A Nosa Terra nas mans do mesmo señor, e quedamos co cu ao aire. Rematamos, por se queres entendelo, o nacionalismo galego non é unha unidade -afortunadamente non tedes a exclusiva-, nin o BNG obedece a unha liña unitaria, así que os intereses non son os mesmos nin no BNG, e menos no nacionalismo. Para explicarcho máis claro: os intereses dos galegos non son coincidentes, outra cousa son os intereses de partido. Pois iso, segue co análise simplista e acharás solucións falsas ou negocios para os amigos do partido. Biba o partido!

2 saña

Sarita, pequena, sigues na verza, afortunadamente o nacionalismo galego ten varias facetas, faltaria mais, non teño nada que ver ca UPG. nin co sr. Beiras, e cos amigos de +Galiza, polo que podo constatar a febleza do nacionalismo no campo informativo sin a cegueira de quen quere ver a manipuladores e controladores en todo, de este xeito non imos a ningures fai falla xenerosidade e altura de miras, cousa quem constato que non abonda por este foro. Saude e Patria.

3 Xan d¨Outeiro

Polo que se le nestes foros cando alguén fala de prensa galega, en galego e independente, inmediatamente dispara contra o BNG. É que non podemos pensar en Galicia sen reducila ás formaciópns políticas correspondentes? é que galicia nkn é m´ñais ca BNG, PSdeG ou PP? Merecemos unha prensa independente de partidos e de opcións políticas que todas tenden a controlar? É posible; pero entón poñámonmos man á obra e declarémonmos dispostos a sustentar ese medio sen depender de jacintos, nin Rajoys de turno. Se non é así, isto máis brn se parece a unha liorta de mozalbetes ocviosos que a algo serio. Saudiña e sentidiño.

9 os de sempre

a montaxe da fotografía está moi ben,pero no texto iso de "próximo presidente do goberno de españa" aínda hai que miralo...

1 Xaime

Montaxe de fotografía? e quen fixo a montaxe? La Voz de Galicia? XD XD XD http://www.lavozdegalicia.es/espana... A foto está aí, e a nova tamén... que o barco era dun narco soubose despois. A ver se pensas que a xente é parva!

8 Perez

juas,juas, juas.Dades a versión de Gómez pero o certo é que o do barquiño non foi a causa do cese.Publicou o do barco esaxerando a cousa todo o que puido para poder dicir que o cesaban por iso,Pero estaban del ata os güevos.As suas liortas co conselleiro delegado eran vox populi. Sería quizais por non vender nin 700 exemplares?. Por certo todos os que tanto os laiades da súa desaparición porque non saides en masa a conprar Xornal a ver se conseguides que non o pechen.

7 Cangueiro74

Disque Gómez xa tiña un pé fóra de Xornal e vendo que saía e que non lle gustaban certas cousas decidiu morrer matando. Matando e dunha forma karmika, pois supoño que para Gómez hai un antes e un despois do 1-M e da caída de Quintana, e todos lembramos a foto deste con J. Rey.

1 Cangueiro74

E cando digo "disque" falo dun ruxe-ruxe ainda por confirmar.