O BNG celebra 50 anos do Día da Patria reivindicando a "idea revolucionaria" de "nación" galega

Ana Pontón chama a "desbordar" a Praza da Quintana, onde rematou a manifestación desde a "sentada de oito horas" de 1983.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/07/2018 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebrará o próximo 25 de xullo 50 anos de Día da Patria Galega, baixo a lema 'Sumar por Galiza' e coa "idea revolucionaria", en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, da defensa da "nación" galega.

Ana Pontón xunto a Lois Diéguez e María Alonso na campaña do Día dá Patria
Ana Pontón xunto a Lois Diéguez e María Alonso na campaña do Día dá Patria | Fonte: Europa Press

"Se no 68 era revolucionaria a defensa de Galicia como nación, é tan revolucionaria en 2018", sinalou na presentación da campaña do Día da Patria, na que participaron un militante que xa o fixo naquel 68 baixo a "clandestinidade" no franquismo e unha moza que acudiu á manifestación por primeira vez o pasado ano.

Varias xeracións representadas nestas tres personas --Lois Diéguez, María Alonso e Ana Pontón-- xuntáronse este mércores para soprar a vela do 50 aniversario do 25 nunha torta de milfollas co deseño da bandeira 'estreleira' (coa estrela vermella) e presentar o cartel do Día da Patria, que protagoniza un símbolo de máis composto por varias figuras de distintas cores que representan a diversidade.

Ademais, o cartel quere rememorar a "idea clara" da mensaxe nacionalista, na liña da renovación do seu logotipo, e visualmente lembra as reminiscencias do Laboratorio de Formas de Galicia e a pincelada de Seoane.

"50 ANOS SUMANDO"

"50 anos sumando por Galicia desde a diferenza, con diferentes visións de país, pero cun punto en común: o convencemento de que temos dereito e somos capaces de gobernarnos a nós mesmos e non precisamos que nos marquen o camiño desde fóra", sinalou Ana Pontón, quen apelou a "desbordar" Santiago de Compostela o 25 de xullo: "Temos unha visión aberta e queremos achegar desde aquí ao resto do mundo".

Lois Diéguez lembrou que até 1983 non se puido acceder á Praza da Quintana, ano en que houbo unha sentada de oito horas porque estaba o paso pechado pola presenza do Rei. "É chave fortalecer os proxectos políticos propios como o BNG", dixo Ana Pontón, nun discurso no que lamentou o "pim-pam-pum das forzas estatais que cambian o seu discurso en función de se están no Goberno ou na oposición".

A portavoz nacional do Bloque, que lembrou que acudiu ao seu primeiro 25 de xullo sen o "permiso" dos seus pais desde Sarria, incidiu na defensa de "un nacionalismo emancipador, forte, aberto e moderno" para "construír un mellor futuro para Galicia" e tendeu a man a todo aquel que siga neste camiño. "Galicia é unha nación, non imos aceptar menos", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 anonimo

As ideas de sempre téntanse vender coma novedade maravillosa.

2 comunista independentista

Revolucionarios das liberacións vitalicias.

1 Partido das Quengas

Que monito! Mudamos a estrela vermella pola crus de deseño... Na próxima colocamos un paxariño, se cuadrar unha gaivota azul. Me gusta o Beneguai, modelno, chachi-piruli, travestido e descafeinado. Light, reformista, pactista e acomodaticio co poder establecido. E, próximamente... pijo-progre!

1 José

como próximamente? e logo non visitaches Pontevedra, a cidade máis pigha de Europa?

2 ZZZZ

Pero que dis, pobre animal!!?

3 txuminos babeantes

E que aos peludos mendicáns con coches cangallo coma vós ninguén vos quere. Sodes coma un montón de bosta ao que só van as moscas.

4 José

Mimá, que aires levades...., e con 6 deputadiñas..., sodes ghomitantes, igual que Pontevedra