Temas: SAúDE VIGO

Os nove intoxicados en Vigo puideron consumir unha planta que non é apta para o consumo humano

Cinco dos afectados recibiron a alta; os outros catro, que permanecían na UCI, pasan a planta.

Por E.P. | VIGO | 05/07/2018 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

Cinco das nove persoas de orixe chinesa que este martes resultaron intoxicadas nunha cea celebrada nun domicilio particular recibiron s alta este xoves, mentres que os outros catro que permanecían na UCI pasan a planta.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo | Fonte: vigoalminuto.com

Segundo fontes do Sergas, dos oito pacientes ingresados no Cunqueiro, os catro que permanecían no servizo de Urxencias serán dados de alta na mañá deste xoves.

A novena persona intoxicada (unha muller), comunicaron a Europa Press que esta paciente foi dada de alta a última hora da mañá deste xoves.

Estas nove persoas, sete homes e dúas mulleres de orixe chinesa e idades comprendidas entre os 35 e os 50 anos, ingresaron sobre as 22,00 horas deste martes no servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo cun cadro de intoxicación aguda.

Tras realizarlles os correspondentes estudos, catro foron ingresados na Unidade de Coidados Intensivos, outros catro estiveron en observación en Urxencias e a novena paciente foi derivada a Povisa.

ORIXE DA INTOXICACIÓN

Os investigadores que estudan a orixe da intoxicación destas persoas apuntan como posible causa a inxesta, durante unha cea celebrada nun domicilio particular, dunha planta que non é de consumo humano. Fontes da Policía Nacional trasladaron este xoves que aínda non se especificou a orixe da intoxicación alimentaria.

En concreto, os investigadores apuntan a que estas persoas recolleron dunha leira unha planta similar a outra comestible que se usa en Asia para condimentar. Despois cociñárona e comérona, pero de momento non se sabe se a planta é tóxica ou se podía ter algún tipo de herbicida ou insecticida.

Temas: SAúDE VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta