Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 08/07/2018 | Actualizada ás 12:00
¿Cantas veces non teremos escoitado, naqueles casos en que unha persoa actúa con prudencia para evitar unha hipotética situación negativa ou prexudicial, aquilo de "por si las moscas", dito xa ó dereito en castelán? Pois o certo é que non fai falla recorrer a esta lingua, xa que en galego temos, e inda hoxe vivas, varias expresións que refiren exactamente o mesmo contido. Velaquí as están:
Por si las moscas
{= Polo que poida suceder, e en previsión de evitar calquera tipo de eventualidade negativa, non desexada ou prexudicial, ou de precaverse ante ela.}
Polo si ou polo non
Polo si, polo non
● E mesmo:
Polo si e polo non
Ex.: Por si las moscas, además de la tarjeta también se llevó dinero en efectivo.
Polo si ou polo non ‡ Polo si, polo non, ademais da tarxeta tamén levou diñeiro en efectivo.
● Tamén:
Por si acaso
Por se acaso && Se acaso && Por se un caso
Ex.: Por se acaso ‡ Se acaso ‡ Por se un caso, ademais da tarxeta tamén levou diñeiro en efectivo.
● Tamén, en certos contextos:
No ir a ser
Non ir ser && Non ir ser o demo && Non ir ser o conto && [E MESMO, ASOCIADA A REXISTROS DE USO MÁIS POPULARES, E MESMO VULGARES]: Non ir ser un carallo
Ex.: Decía que no había pillado la enfermedad, pero, por si las moscas, acabó yendo al médico.
Dicía que non collera a enfermidade, pero, polo si ou polo non ‡ pero, por se acaso ‡ pero, non fora ser ‡ pero, non fora ser o demo ‡ pero, non fora ser o conto ‡ pero, non fora ser un carallo, acabou indo ó médico.
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Ferro Ruibal, Xesús: Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.
- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.
- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.
- Paz Roca, Mª Carmen: “Aínda novos escritos paremiolóxicos de Vázquez Saco”. Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 247-293. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.