Vacacións de calidade para as persoas con discapacidade intelectual

A Residencia de Estudantes Afundación de Pontevedra acollerá 282 persoas para gozar das súas vacacións de verán a través do proxecto Special Olympics.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/07/2018 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

Vacacións de calidade para as persoas con disapacidade intelectual. Iso é o que ofrece Special Olympics Galicia que desenvolverá entre os meses de xullo e setembro unha ampla oferta de actividades co obxectivo de propiciar a súa inclusión e dar visibilidade a este colectivo, así como garantir que gocen das súas vacacións estivais nas mesmas condicións que o resto da sociedade. 

Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual
Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual | Fonte: Afundación.

Participarán máis de 340 persoas, pertencentes a 16 entidades de toda Galicia, das que 282, divididas en 6 grupos, gozarán das súas vacacións na Residencia de Estudantes Afundación de Pontevedra.

A Residencia de Estudantes de Pontevedra de Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergou este venres a apertura do programa de vacacións do proxecto Special Olympics Galicia. O acto institucional contou coa presenza da deputada de Benestar Social da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o xefe do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Consellería de Política Social, José Ignacio Martínez Alonso; a vicepresidenta de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, Carmen González; e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.

Este programa, que se 

A RESIDENCIA DE ESTUDANTES AFUNDACIÓN DE PONTEVEDRA

A Residencia de Estudantes Afundación de Pontevedra, inaugurada no 1969, aloxou desde a súa apertura a máis de 6000 mozos das facultades e escolas universitarias do campus de Pontevedra, centros de formación profesional e estudantes doutros países que cursan actualmente algún programa en IESIDE (procedentes de Colombia, Guatemala, Arxentina, Perú, El Salvador ou China, entre outros).

Nos meses de verán proporciona aloxamento a residentes que preparan os seus exames de setembro, clubs deportivos, campamentos de estudantes ou asociacións sen ánimo de lucro, entre outros. Así mesmo, no contexto das liñas estratéxicas de Afundación, a Obra Social de ABANCA, desde este centro promóvense todo tipo de actividades que complementan a formación cultural, científica e deportiva dos estudantes.

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Familias a favor da promoción do tempo libre e o deporte para persoas con discapacidade intelectual. A súa misión é proporcionar todo tipo de actividades deportivas, culturais e de promoción do voluntariado co fin de mellorar as condicións físicas e psíquicas das persoas con discapacidade intelectual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta