A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade celebran o nomeamento de Antón Fraguas para o Día das Letras de 2019

A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) celebran a decisión da Real Academia Galega (RAG) de nomear ao cotobadés Antón Fraguas Fraguas como protagonista do Día das Letras Galegas de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2018 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) celebran a decisión da Real Academia Galega (RAG) de nomear ao cotobadés Antón Fraguas Fraguas como protagonista do Día das Letras Galegas de 2019.

Antón Fraguas Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas de 2019
Antón Fraguas Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas de 2019 | Fonte: Retrato de Manuel Matas cortesía do Museo do Pobo Galego

Nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacou a súa traxectoria persoal e profesional "en defensa da lingua e cultura galegas". Por iso, a Administración asegurou que "xa traballa" na homenaxe do próximo 17 de maio.

Ademais, o departamento dirixido por Román Rodríguez subliñou o labor de Antón Fraguas como profesor de instituto na Estrada (Pontevedra), Lugo e Santiago, ademais de ser "unha das máis relevantes" personaxes no ámbito intelectual e galeguista do século XX.

Así mesmo, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mostrou este sábado a "absoluta felicidade" da localidade pola concesión do Día das Letras ao escritor, historiador, etnógrafo e xeógrafo natural da parroquia cotobadesa de Loureiro. "Creo que se trata dun fito histórico para a cultura galega e, por suposto, para o noso municipio", manifestou.

Con estas palabras, o rexedor local deixou "claro" que Cerdedo-Cotobade, tal e como aprobou no pleno do Consistorio, vai ofrecer a súa "máxima" colaboración á RAG, á Xunta e ao resto de institucións para "acoller, organizar ou promover todos os actos de homenaxe".

"Ímonos deixar a pel para que sexan unhas Letras Galegas inesquecibles que leven a figura e a obra de Fraguas por todo o país", sentenciou Cubela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta