As mocidades da UPG renovan a súa dirección

Tras a crise de comezos de ano, A UMG elixiu a Paulo Rios como Secretario Xeral no XVII Congreso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/07/2018 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

A Unión da Mocidade Galega (UMG), as mocidades da UPG, vén de elixir como novo Secretario Xeral a Paulo Rios Santomé no seu XVII Congreso. Aos seus 25 anos, é integrante da Dirección Nacional da Galiza Nova como Responsábel Comarcal do Morrazo, integrante do Consello Local do BNG de Moaña, do Consello Comarcal do Morrazo e Concelleiro de Mocidade do Concello de Moaña polo BNG.

Con esta elección, a UMG pon fin a unha serie de tensións internas que provocaron unha reestructuración da formación e a saída de antigos dirixentes. Precisamente, o novo secretario xeral desta formación, Rios Santomé, asegurou que afronta a elección con “ilusión” mais tamén “cunha grande responsabilidade de traballar para contribuir ao proxecto de liberación social e nacional da Galiza".

O seu obxectivo como Secretario Nacional, dixo, é o de continuar o traballo iniciado pola anterior dirección, o afortalamento da UMG como organización da mocidade comunista patriótica e ampliar o traballo nas organización das que fan parte no ámbito xuvenil e estudantil. "O anterior periodo deixanos unha UMG máis forte e cohexionada, a cal seguiremos coidando e que dará os seus froitos sempre entregados ao ben común", indicou.

Ademais, deu os parabéns aos 30 anos de traxectoria de Galiza Nova lembrando a importante contribución da Unión da Mocidade Galega na mesma. "A UMG debe ter como unha das súas prioridades o traballo no seo de Galiza e do BNG e a socialización do proxecto entre o conxunto da mocidade galega", apuntou. De feito, neste ano 2018, Galiza Nova, enceta un proceso preasemblear que culminará na súa XV Asemblea Nacional.

Rios Santomé tamén fixo referencia á participación da UMG no movemento estudantil galego. “Apostamos sen ambaxes por Erguer. Estudantes da Galiza, coma unha ferramenta indispensábel para defender os intereses do estudantado galego... traballando dende o consenso, a lealdade e o ben común, co gallo de velar polos intereses das estudantes á vez que espallamos conciencia nacional", apuntou logo dos problemas internos que tamén xurdiron nesta formación estudantil pola diferente militancia política dos seus dirixentes.

Intervención de Néstor Rego, secretario xeral da UPG, na clausura do XVII Congreso da UMG
Intervención de Néstor Rego, secretario xeral da UPG, na clausura do XVII Congreso da UMG | Fonte: UMG

Palo Río Santomé, secretario xeral da UMG
Palo Río Santomé, secretario xeral da UMG | Fonte: UMG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 comunista independentista

O cartaz do congreso é unha chulada.

3 Todo por la pasta!

Torero, torero do BNG! Pois Paulo é concelleiro en Moaña, concello onde goberna o BNG e colocaron pantalla xigante para ver La Roja. Moi ben, agora irá coa camiseta da selección 'nacional' opresora española aos actos da nación oprimida. Una fenómenos no BNG cando tocan poder exaltando o nacionalismo español! Todo por la pasta!

1 Fernando G

De qué te quejas, si la bandera roja es la vuestra, y amarillo es el color de la hoz y el martillo? Supongo que lo de poner la pantalla es por pura supervivencia política. Ya se comen pocos votos, si muestran su verdadera cara, no pillan ninguno.

2 Barosa

Vexo a algún fillo de... cargiño da UPG e tamén a algún público de recheo

1 Buitres non

Cheiran a caspa