Un peón resulta ferido de gravidade en Vimianzo tras ser atropelado por un vehículo que continuou a marcha

A central de emerxencias do 112 puxo o caso en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, que se desprazou ao lugar para investigar o sucedido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2018 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

Un peón resultou ferido de gravidade en Vimianzo (A Coruña) logo de ser atropelado por un vehículo cuxo condutor proseguiu a marcha, segundo informa o CIAE 112 Galicia. O accidente produciuse ás 06,10 horas da madrugada deste domingo na localidade da comarca de Soneira, á altura do cruzamento con Camariñas.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Segundo relataron as chamadas que avisaron do suceso, o peón presentaba lesións graves após ser arroiado por un vehículo que non se detivo e continuou a marcha. A central de emerxencias do 112 puxo o caso en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, que se desprazou ao lugar para investigar o sucedido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta