"Multas simbólicas" para quen infrinxa os espazos reservados a persoas con diversidade funcional

Voluntarios da Asociación Sociocultural ASCM impoñerá “multas” co obxectivo de concienciar aos condutores que non respectan os espazos de paso e de aparcadoito reservados a persoas con mobilidade reducida.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/07/2018 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A Asociación Sociocultural ASCM, continuando co seu labor de concienciación fronte aos problemas de mobilidade que padecen as persoas con diversidade funcional, reactiva desde hoxe a súa campaña de sensibilización para condutores e condutoras, grazas ao respaldo do programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.

Xente andando pola rúa, persona, persoas. ÓSCAR DEL POZO
Xente andando pola rúa, persona, persoas. ÓSCAR DEL POZO | Fonte: EUROPA PRESS

O obxectivo desta campaña é concienciar a quen circula pola cidade nos seus vehículos da importancia de respectar os espazos de paso e de aparcadoiro reservados a persoas con mobilidade reducida. Así pois, serán catro dos integrantes do noso grupo de Voluntariado Xuvenil os que se encarguen de impor "multas simbólicas" das que a Asociación dará conta á Policía Local. "A fin é que quen cometa este tipo de infraccións tome conciencia de que co seu comportamento, ademais de infrinxir unha norma de tráfico, están a lle faltar ao respecto a quen precisa dos espazos reservados que eles ocupan", asegura a asociación.

Imporanse multas non só aos vehículos que ocupen prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida carecendo de cartón de estacionamento, senón tamén a aqueles situados
diante dunha rampla ou paso de peóns ou encima das beirarrúas. "Desde que puxemos en marcha esta campaña, rexistramos cada ano da orde de 200 infraccciones", recordan. Na mencionada multa, que non terá repercusión económica para os infractores, informaráselles da infracción cometida, á vez que se lles insistirá no necesario da súa colaboración para que "todos e todas, sen exclusións, poidamos facer a nosa vida diaria con total normalidade e sen obstáculos".

Esta iniciativa tamén collerá forza nas redes sociais. Desde o perfil en Instagram accesibilidadascm, a asociación irá subindo imaxes dalgunhas das infraccións rexistradas ao longo da campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta