O alcalde de Ferrol di que a familia de Franco "ten dereito a trasladar os seus restos" á cidade

Jorge Suárez afirma que non coñecía a existencia da tumba dos Franco Baamonde no municipio de nacemento do ditador.

Por E.P. | Ferrol | 09/07/2018 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, admitiu este luns que a familia do ditador Francisco Franco ten "o dereito a trasladar os seus restos" á tumba que manteñen na cidade. "Pero non sei o que van facer con eles", apostilou.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Archivo
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

O posible traslado dos restos do ditador desde a súa localización actual no Valle de los Caídos segue dando que falar, chegando a súa repercusión á súa cidade natal, onde nos últimos días se descubría a existencia dunha tumba sen utilizar da familia Franco Baamonde no cemiterio municipal de Catabois.

O rexedor ferrolán recoñeceu que era "intolerable" que os restos de Francisco Franco continúen nun Valle de los Caídos "que debe ser desmantelado". "Sempre apoiarei calquera iniciativa neste sentido", sentenciou á vez que recoñeceu que "a familia ten o dereito a depositar os seus restos" na cidade de Ferrol.

Ademais, Jorge Suárez mostrou a súa sorpresa pola existencia desta tumba da familia Franco Baamonde no cemiterio municipal porque, segundo asegurou, "non lles constaba esta titularidade".

Após realizar unha procura nos arquivos municipais ao coñecer a noticia, o alcalde alegou respecto diso que dos anos da Guerra Civil e a ditadura dispoñen "de moi pouca información dos rexistros", nunha cuestión de recuperación de documentación onde, tal e como valorou, "queda moito camiño por percorrer".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 galegoexiliado

De eso nada monada. Si renunciáchedes o título De el Caudillo, ahora non tedes dereito a acoller os seus restos. O Generalísimo, Caudillo de España por la Gracia de Dios, debe ser enterrado en Compostela, no Panteón de Gallegos Ilustres, e non en unha aldea que renegou do seu nome.

4 alcalde paco frutos

40 anos de facismo asasino e 40 anos de risas democráticas... o cadáver ten que ser queimado e as cinzas espalladas por ahí diante... non ten dereito a sepultura cristia algún.ha e a familia xa non ten ningún dereito de reclamo, esta pasando que os nomearon condes de franco pola monoarquia, estanlle dando os dereitistas e os miserables votantes do pepeiro todo, todo e todo, sempre o fixeron os nenos repulsivos e sinvergonzas que non saben comportarse, e asi como os vermes da -Vieira van celebrar o 25 de xullo - se paga, se hereda, por eso familiares de militares del régimen de Franco viven hoy con la distinción, el propio dictador agració con condados y marquesados a 15 cercanos, entre ellos, dos de los autores intelectuales del golpe de Estado de 1936: Emilio Mola y Queipo de Llano. Arias Navarro, conocido como ‘El Carnicerito de Málaga’ Guerra Civil española, recibió un marquesado. Sus descendientes son ahora quienes gozan de la distinción.

3 isidro

Se non lle consta que os Franco teñan unha tumba en Ferrol, como é que defende o dereito a que velan para Ferrol. Tamén ten unha casa na Rúa María que incumple a Lei de Memoria Histórica, sen que o alcalde de IZQUIERDA UNIDA faga nada, Outro tanto co escudo franquista de Aduanas en Ferrol Vello ou coa estatua do franquista Camilo Alonso Vega en Caranza

1 Recimil

Os particulares non están concernidos pola lei de memoria histórica. Pódese non dar subvencións se as perciben, pero non se pode coa lei da memoria histórica na man obrigar a retirar pracas nas que se faga apoloxia do franquismo. Na estatua de Alonso Vega si que tes razón.

2 RAMIRO DE YOLI

O heroe de Beiras e afillado de Yolanda Díaz, so fala de parvadas para saír nos medios e que non se fale da súa xestión municipal, continuadora das políticas de REY VARELA

1 anonimo

O que lles importa non é Franco, senón demoler a maior cruz da Cristiandade, visible a 60 km de distancia, xa o sabíamos.

1 anonimo

Bueno o de cristiandade,sera para algunha seta...