Temas: EMPRESA INE

A creación de empresas en Galicia descende en maio un 15,4%

Un total de 75 entidades desapareron este mesmo mes, o que supón unha reducion do 7,4% con respecto a maio de 2017

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A creación de empresas na Comunidade galega descendeu no mes de maio un 15,4% con respecto a abril, o que supuxo que se creasen 346 sociedades mercantís novas. Con todo, este dato é un 5,2% menor a maio de 2017, polo que é o quinto mes consecutivo no que descende o dato de aparición de novas empresas.

A creación de empresas en Galicia descende en maio un 5,2%
A creación de empresas en Galicia descende en maio un 5,2% | Fonte: Europa Press

Todas elas, segundo un informe emitido este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), se corresponden a sociedades limitadas, de modo que non se rexistrou ningunha sociedade anónima nova. Así, para crear as 346 novas entidades, desembolsáronse un total de 8,3 millóns de euros, mentres que outras 99 sociedades ampliaron o seu patrimonio en 16 millóns.

Por outra banda, 75 entidades foron disoltas en Galicia, segundo o INE, o que supuxo unha redución do 7,4% con respecto a maio de 2017. De todas elas, 55 desapareceron de forma voluntaria, oito por fusión e doce por outros motivos.

TOTAL DE ESPAÑA

No conxunto de España, o número de novas sociedades mercantís subiu un 0,5% en maio respecto ao mesmo mes de 2017, até sumar 8.830 empresas, á vez que as disolucións aumentaron un 0,8%, até totalizar 1.522.

Para a constitución das 8.830 empresas creadas en maio, subscribíronse 393,8 millóns de euros, o que supón un descenso do 2% respecto ao mesmo mes de 2017, mentres que o capital medio subscrito, que se situou en 44.601 euros, baixou un 2,5% en taxa interanual.

Das 1.522 empresas que se disolveron en maio deste ano, o 71,3% fixérono voluntariamente, o 12% por fusión con outras sociedades e o 16,7% restante por outras causas.

En taxa mensual (maio sobre abril), a creación de sociedades mercantís subiu un 0,1%, mentres que a disolución de sociedades se incrementou un 2,6%. Ambos os datos contrastan cos aumentos mensuais superiores ao 12% que rexistraron en maio de 2017.

DEZ COMUNIDADES RECORTAN A CREACIÓN DE EMPRESAS

Madrid, Cataluña e Andalucía foron as comunidades autónomas que máis sociedades mercantís crearon o pasado mes de maio, con 1.949, 1.635 e 1.499 sociedades, respectivamente. Pola contra, as que menos empresas crearon foron A Rioxa (41), Cantabria (69) e Navarra (74).

Das 17 comunidades autónomas, dez recortaron a creación de entidades en maio en taxa interanual. Os maiores descensos corresponderon a Baleares (-16,4%), Cantabria (-13,8%), Canarias (-12,3%) e Cataluña (-8,4%). Pola contra, os maiores repuntes anotáronos Murcia (+33,2%), Castela-A Mancha (+19,5%), Aragón (+15,3%), Navarra (+10,4%) e Madrid (+9%).

Temas: EMPRESA INE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta