Temas: BAIONA

Falece un home achado a pasada semana inconsciente nun aparcadoiro de Baiona

Un home que apareceu a semana pasada incosciente e cun golpe na cabeza faleceu este luns. Segue aberta a investigación sobre os feitos.

Por E.P. | VIGO | 10/07/2018 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Un home que a mediados da pasada semana apareceu nun aparcadoiro de Baiona (Pontevedra) inconsciente e cun golpe na cabeza faleceu este luns, aínda que se mantén aberta a investigación sobre os feitos.

Concello de Baiona
Concello de Baiona

Así o confirmaron fontes da Garda Civil, que comunicaron que o home foi achado de madrugada, en estado inconsciente cun golpe na cabeza, polo que foi trasladado ao hospital. Segundo estas fontes, o home estaba inconsciente supostamente "por embriaguez".

Aínda que inicialmente se cre que non interviñeron máis persoas e que se trataría dunha caída fortuíta, os investigadores manteñen aberta a investigación para tratar de determinar as circunstancias do acontecido.

Temas: BAIONA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta